28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

espiral, presente en lagos salobres e utilizada

como complemento alimenticio.

es espirulina

en spirulina

espremedor s.m. Aparato manual ou eléctrico

que se emprega para espremer froitas.

es exprimidor

en squeezer

espremer v.t. Extraer o zume que contén un

alimento, especialmente unha froita.

es exprimir

en squeeze

espumadeira s.f. Véxase: escumadeira

espumante s.m. Véxase: escumante

espumar v.t. Véxase: escumar

estabilizador s.m. Aditivo que se lles engade

a certos alimentos para permitir o mantemento

do seu estado físico e químico.

gl estabilizante

es estabilizador

es estabilizante

en stabiliser [GB]

en stabilizer [US]

estabilizante s.m. Véxase: estabilizador

estameña s.f. Tecido empregado para coar

salsas, purés ou sopas co fin de conseguir

texturas máis finas.

es estameña

en etamine

estar en comida loc.v. Estar no tempo oportuno

para o consumo, referido a un peixe,

un marisco ou unha peza de caza.

es ser de temporada

es estar en temporada

en be in season

esterilización s.f. Proceso que consiste en

quentar un alimento durante un período de

tempo variable a unha temperatura superior

a 100 °C, co fin de inhibir a actividade

microbiana e prolongar a súa conservación.

es esterilización

en sterilisation [GB]

en sterilization [US]

esterilizar v.t. Quentar un alimento durante

un período de tempo variable a unha temperatura

superior a 100 °C, co fin de inhibir

a actividade microbiana e prolongar a

súa conservación.

es esterilizar

en sterilise [GB]

108

en sterilize [US]

estómago s.m. Véxase: calleiro 1

estonar v.t. Quitarlle a un alimento, especialmente

unha froita ou hortaliza, a súa capa

superficial.

gl planar

gl parar

gl pelar

es pelar

es mondar

en peel

estragón s.m. Planta herbácea de talo delgado

e avermellado, follas estreitas e lanceoladas

de cor verde clara e flores amarelas, da

que se utilizan as follas como condimento

ou en infusión.

es estragón

es dragoncillo

en tarragon

NC Artemisia dracunculus

estrelar v.t. Frixir, referido a un ovo.

es estrellar

en fry

estrofaria de anel rugoso loc.s.f. Cogomelo

co sombreiro convexo cando é novo

e aplanado na madurez, de cor parda avermellada,

pé cilíndrico, amarelado por riba

do anel e abrancazado por baixo, e sabor

lixeiramente doce.

es estrofaria gigante

en wine-cap stropharia

en burgundy mushroom

NC Stropharia rugosoannulata

estruga s.f. Planta herbácea do xénero Urtica,

de follas elípticas e dentadas, cubertas de

pelos urticantes, e flores verdosas agrupadas

en acios, da que se consomen as follas

e talos cocidos dalgunhas especies.

gl herba do cego

gl ortiga

gl ortigón

es ortiga

en nettle

estufado s.m. Guiso de carne ou peixe, acompañado

de diversas hortalizas, que se cocen

a pouco lume nun recipiente tapado.

es estofado

en stew

estufar v.t. Cociñar un alimento a pouco lume

e nun recipiente tapado, para impedir a

evaporación dos zumes que contén.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!