28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

amarelas ou vermellas e rizoma groso e

carnoso, da que se utiliza principalmente o

rizoma como condimento ou en infusión.

gl xenciana

es genciana

en gentian

NC Gentiana lutea

xarda s.f. Peixe azul de corpo alongado e fusiforme,

co dorso azul verdoso con bandas

transversais negras e flancos e ventre de

cor branca prateada, dúas aletas dorsais

moi separadas, cabeza afiada e boca

grande.

gl cabala

es caballa

en mackerel

NC Scomber scombrus

xardineira s.f. Preparación elaborada con diversas

hortalizas cocidas, principalmente

chícharos, cenorias e champiñóns, que se

emprega para acompañar carnes.

es jardinera

en jardinière

xaropada s.f. Véxase: xarope

xarope s.m. Líquido denso que se obtén da

cocción de azucre en auga, e ao que se lle

engade zume de froitas, herbas ou outras

substancias.

gl xaropada

es sirope

en syrup

en sirup [US]

xarope de glicosa loc.s.m. Solución acuosa

purificada e concentrada de sacáridos nutritivos,

que se obtén a partir do amidón, da

fécula ou da inulina.

es jarabe de glucosa

en glucose syrup

xarope de pradairo loc.s.m. Xarope orixinario

de América do Norte, elaborado a

partir do zume dalgunhas especies de pradairo,

do xénero Acer, de textura densa, cor

ámbar e sabor doce, que se emprega principalmente

para acompañar certas sobremesas.

es jarabe de arce

en maple syrup

xarrete s.m. Peza de vacún que se obtén da

musculatura que rodea a tibia e o peroné

nas extremidades posteriores ou o cúbito e

o radio nas anteriores, magra e xelatinosa,

considerada de segunda categoría.

252

es jarrete

es morcillo

en shank

xarxa s.f. Véxase: salvia

xeadaría s.f. Establecemento onde se elaboran

e venden xeados.

gl xeadería

es heladería

en ice-cream palour [GB]

en ice-cream parlor [US]

xeadeira s.f. Máquina que se emprega para

facer xeados.

es heladera

es heladora

en ice-cream maker

xeadería s.f. Véxase: xeadaría

xeado s.m. Preparación resultante da conxelación,

simultánea ou posterior, dunha

mestura composta fundamentalmente de

auga, leite, nata, azucre ou froitas, e que se

comercializa con diversas presentacións en

estado sólido, semisólido ou pastoso.

es helado

en ice cream

xeado de auga loc.s.m. Xeado que contén en

masa como mínimo un 12% de extracto

seco total.

es helado de agua

en ice pop

xeado de crema loc.s.m. Xeado que contén

en masa, como mínimo, un 8% de materia

graxa e un 2,5% de proteínas, ambas as

dúas exclusivamente de orixe láctea.

es helado de crema

en regular ice cream

xeado de leite loc.s.m. Xeado que contén en

masa entre o 2,5% e 8% de materia graxa

de orixe láctea, ou un máximo de 0,3% no

caso de utilizar leite desnatado, e un mínimo

de 6% de extracto seco magro lácteo.

es helado de leche

en reduced-fat ice cream

xeado, xeada adx. Que está moi frío.

es helado, helada

en icy

xefe de cociña, xefa de cociña loc.s. Persoa

que, nunha cociña, se encarga de dirixir

a brigada.

es jefe de cocina, jefa de cocina

es chef

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!