28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cortadora s.f. Máquina formada por unha

coitela xiratoria e unha bandexa onde se

colocan os alimentos que se queren cortar.

es cortadora

en slicer

cortadoría s.f. Véxase: carnizaría

cortapastas s.m. Molde oco empregado para

dar forma a pastas e masas.

es cortapastas

en biscuit cutter [GB]

en cookie cutter [US]

cortapizzas s.m. Utensilio xeralmente composto

dun mango unido a unha folla cortante

xiratoria en forma de roda, em pregado

para dividir as pizzas en porcións.

es cortapizzas

en pizza cutter

en pizza cutting wheel

cortar 1 v.t. Dividir un alimento en anacos utilizando

un instrumento cortante.

Nota: Úsase tamén como absoluto.

gl tallar

es cortar

en cut

cortar 2 v.p. Estragarse un alimento ou preparación,

especialmente unha salsa, ao perder

a homoxeneidade ou a ligazón.

es cortar

en curdle

cortar 3 v.p. Estragarse o leite ao separarse a

parte líquida da parte sólida.

gl trazar

es cortar

en curdle

cortar en anacos loc.v. Dividir un alimento

en anacos homoxéneos.

es trocear

en cut up

cortar en dados loc.v. Dividir un alimento,

especialmente un tomate pelado, en pequenos

dados.

es concasser

en dice

corte s.m. Incisión realizada nun alimento cun

instrumento cortante para dividilo en anacos,

quitarlle algún fragmento ou facerlle

unha fenda.

gl tallo

es corte

en cut

88

corte redondo loc.s.m. Peza de vacún que se

obtén da rexión das extremidades poste -

riores correspondente á parte anterior da

rótula, magra e de forma ovoide, conside -

rada de primeira categoría.

es babilla

en knuckle

cortiza s.f. Peza feita tradicionalmente coa

casca da sobreira, de forma cilíndrica, que

se emprega para tapar as botellas.

es corcho

en cork

corvina s.f. Peixe azul de corpo alongado e

fusiforme, de cor prateada, con reflexos

dourados nos flancos, opérculo con dúas

espiñas, liña lateral moi marcada e cabeza

grande, co fociño arredondado e a boca

ampla.

gl corvina real

es corvina

en meagre

NC Argyrosomus regius

corvina real loc.s.f. Véxase: corvina

corzo s.m. Carne de caza maior, de consis -

tencia tenra, que se obtén do mamífero do

mesmo nome (Capreolus capreolus).

es corzo

en venison

en roe deer meat

cosco s.m. Véxase: caracol

costela s.f. Cada un dos ósos longos, planos e

arqueados que forman a caixa torácica dos

animais de abasto, coa carne adherida a

estes.

es costilla

en rib

costelar s.m. Peza de certos animais de

abasto, especialmente de vacún e porco,

que comprende a parte inferior das costelas

e a musculatura que as envolve, consi -

derada de terceira categoría.

gl costeleiro

es costillar

es chuletero

en spare ribs

costeleiro s.m. Véxase: costelar

costeleta 1 s.f. Porción de carne que se obtén

do lombo dun animal de abasto, xunto coa

costela e parte da vértebra correspondente.

es chuleta

es costilleta

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!