28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

erberecho macho loc.s.m. Molusco bivalvo

similar ao berberecho, pero de maior

tamaño, coas cunchas asimétricas e de cor

abrancazada, cun dos lados máis arredondado

que o outro.

es berberecho espinoso

en spiny cockle

NC Acanthocardia aculeata

berberecho marolo loc.s.m. Véxase: marolo

berenxena s.f. Froito en baga da planta do

mesmo nome (Solanum melongena), de

forma alongada ou arredondada, coa pel de

diferentes cores segundo as variedades, xeralmente

de cor morada e coa carne abrancazada.

es berenjena

en aubergine [GB]

en eggplant [US]

berete riscado loc.s.m. Véxase: rubio riscado

bergamota 1 s.f. Pera de forma arredondada,

coa pel de cor verde amarelada e a polpa

zumarenta e moi aromática.

gl pera bergamota

es bergamota

es pera bergamota

en bergamot

bergamota 2 s.f. Froito en hesperidio da bergamoteira

(Citrus bergamia), piriforme,

coa tona lisa e fina de cor amarela, moi aromático

e de sabor acedo.

es bergamota

en bergamot

en bergamot orange

bertorella de lama loc.s.f. Peixe branco de

corpo alongado e fusiforme, similar á bertorella

de rocha, pero co dorso de cor rosada,

flancos e ventre abrancazados, primeira

aleta dorsal cun raio prolongado,

aletas pelvianas reducidas a un filamento

bífido máis longo e a barba máis extensa.

es brótola de fango

en greater forkbeard

NC Phycis blennoides

bertorella de rocha loc.s.f. Peixe branco de

corpo alongado e fusiforme, co dorso de

cor castaña avermellada, flancos e ventre

máis claros, dúas aletas dorsais, a primeira

máis curta que a segunda, aletas pelvianas

reducidas a un filamento bífido e boca

grande, cunha barba na mandíbula inferior.

es brótola de roca

50

en forkbeard

NC Phycis phycis

bévera s.f. Froito en sicono da primeira colleita

da bevereira, similar ao figo, pero de

maior tamaño e sabor menos doce.

es breva

es albacora

en early fig

biberón s.m. Recipiente, xeralmente en forma

de botella e cun bico, no que se introduce

unha substancia líquida ou semilíquida

para facilitar a súa dosificación.

es biberón

en squeeze bottle

bica s.f. Doce típico de Galicia, elaborado

cunha masa de fariña, ovos, azucre e manteiga,

que se decora con azucre e se coce

no forno.

es bica

en Galician pound cake

bicarbonato sódico loc.s.m. Sal (NaHCO 3)

cristalina, soluble en auga, que se emprega

na industria alimentaria como gasificante

e en medicina como antiácido estomacal.

Nota: Número CE: E-500

es bicarbonato sódico

en baking soda

en bicarbonate of soda

en sodium bicarbonate

bico s.m. Peza que se coloca no extremo da

manga pasteleira para conseguir diferentes

decorados.

gl boca

es boquilla

en nozzle

bieiteiro s.m. Véxase: sabugueiro

biscoito s.m. Doce moi esponxoso, elaborado

cunha masa de fariña, ovos, manteiga ou

aceite e azucre, que se coce no forno.

es bizcocho

en sponge

en sponge cake

biscoito borracho loc.s.m. Biscoito empapado

en viño ou licor para abrandalo ou

aromatizalo.

es bizcocho borracho

es borracho

en tipsy cake

biscoito de soleta loc.s.m. Doce pequeno e

alongado, moi esponxoso, elaborado prin-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!