28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

pequenas e cabeza ancha e aplanada, cos

ollos grandes e ovais.

gl gata de mar

es negrito

en velvet belly

NC Etmopterus spinax

gata de mar loc.s.f. Véxase: gata

gianduia s.m. Pasta elaborada con chocolate

e abelás torradas e moídas, que se emprega

como recheo de doces ou na elaboración de

bombóns.

es gianduja

en gianduja

gin-tonic s.m. Véxase: tónica con xenebra

glasa 1 s.f. Preparación de consistencia densa,

elaborada con diversos ingredientes, como

chocolate, azucre glas ou claras de ovo,

que se emprega para recubrir ou decorar

tortas e pasteis.

es glasa

es glaseado

en icing

en frosting

glasa 2 s.f. Substancia semilíquida obtida a partir

da redución dun caldo, xeralmente de

carne, que serve para darlles sabor a certas

preparacións.

es glasa

en glaze

glasa real loc.s.f. Preparación que se obtén

ao mesturar azucre glas, claras de ovo e

zume de limón ata que adquiren unha consistencia

densa e cor branca, e que se emprega

para recubrir ou decorar tortas e pasteis.

es glasa real

en royal icing

glasar 1 v.t. Cubrir unha preparación doce

cunha capa lisa e brillante dunha substancia,

principalmente con almibre ou unha

mestura de azucre e clara de ovo.

es glasear

en ice

en frost

glasar 2 v.t. Cubrir unha preparación cunha xelatina

ou salsa para que quede brillante.

es glasear

en glaze

glícido s.m. Véxase: hidrato de carbono

124

glicosa s.f. Monosacárido (C 6H 12O 6) presente

especialmente na froita, que constitúe a

principal fonte de enerxía dos seres vivos.

es glucosa

en glucose

glute s.m. Substancia proteica presente no

gran de certos cereais.

es gluten

en gluten

godello s.m. Uva branca autóctona de Galicia,

de pequeno tamaño, forma elíptica, pel

grosa de cor verde amarelada e sabor doce,

utilizada especialmente para a elaboración

dos viños das denominacións de orixe Valdeorras,

Ribeira Sacra e Monterrei.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

viño elaborado con esta uva.

es godello

en godello

gofio s.m. Fariña tradicional da cociña canaria,

elaborada a partir de grans de cereais

torrados, especialmente de millo ou trigo.

es gofio

en Canarian roasted-grain flour

gofre s.m. Doce fino e lixeiro, elaborado

cunha masa de fariña, auga ou leite, ovos,

manteiga e azucre, que se cociña nunha gofreira,

que lle imprime un deseño que recorda

unha reixa, e adoita consumirse

quente e cuberto de azucre, chocolate ou

nata.

es gofre

en waffle

gofreira s.f. Aparato con dúas placas articuladas

cun deseño en forma de reixa, que se

emprega para facer gofres.

es gofrera

en waffle iron

goma arábiga loc.s.f. Resina de cor amarela,

exsudada por algunhas especies do xénero

Acacia (especialmente Acacia senegal),

que se emprega na industria alimentaria

como espesante, emulxente ou estabilizante.

Nota: Número CE: E-414

es goma arábiga

en gum arabic

goma de alfarrobeira loc.s.f. Po de cor

amarelada que se obtén das sementes da alfarrobeira

(Ceratonia siliqua), empregado

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!