28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

gl cagueira

gl cagadeira

es tripa cular

es tripa del cagalar

en pig bung

tripada s.f. Conxunto das tripas dun animal

de abasto, que adoita utilizarse na elaboración

de embutidos.

gl tripallada

gl tripaxe

es mondongo

es tripería

en intestines

tripallada s.f. Véxase: tripada

tripaxe s.f. Véxase: tripada

triturar v.t. Dividir un alimento en partículas

moi pequenas, ata reducilo a po ou transformalo

nunha pasta homoxénea.

es triturar

en mince

troita s.f. Peixe de auga doce, de corpo fusiforme,

cabeza pequena e coloración variable,

xeralmente acastañada e con pintas

vermellas ou negras rodeadas por un círculo

claro.

es trucha

en brown trout

NC Salmo trutta fario

troita arco da vella loc.s.f. Peixe de auga

doce similar á troita común, pero coa cabeza

máis ancha, unha franxa irisada de cor

purpúrea nos flancos, pintas negras sen auréola

de cor e aleta caudal de lóbulos máis

marcados.

es trucha arco iris

en rainbow trout

NC Oncorhynchus mykiss

troita marisca loc.s.f. Véxase: reo

troita salmonada loc.s.f. Véxase: reo

trompeta s.f. Cogomelo co sombreiro convexo

cando é novo e en forma de funil na

madurez, perforado no medio e de cor

apardazada ou moura, pé longo, cilíndrico

e amarelado, e sabor doce.

gl trompeta con pregamentos

es rebozuelo atrompetado

en funnel chanterelle

en trumpet chanterelle

NC Cantharellus tubaeformis

trompeta amarela loc.s.f. Cogomelo co

sombreiro apardazado, aplanado cando é

novo e en forma de funil na madurez, ás

veces perforado no medio, pé cilíndrico ou

comprimido, xeralmente de cor amarela, e

sabor lixeiramente doce.

gl trompeta dourada

es trompeta amarilla

es rebozuelo anaranjado

en yellow foot

NC Cantharellus lutescens

trompeta con pregamentos loc.s.f. Véxase:

trompeta

trompeta dos mortos loc.s.f. Cogomelo co

sombreiro en forma de trompeta, de cor cinsenta

ou tirando a negra e coa marxe ondulada,

pé cilíndrico ou aplanado, de tonalidades

similares ás do sombreiro, e sabor doce.

es trompeta de los muertos

en black trumpet

en trumpet of death

NC Craterellus cornucopioides

trompeta dourada loc.s.f. Véxase: trompeta

amarela

tronco de Nadal loc.s.m. Doce orixinario de

Francia, elaborado cun biscoito enrolado,

reenchido de crema ou chocolate, cuberto

de chocolate e decorado de forma que recorda

o tronco dunha árbore, que se consome

no Nadal.

es tronco de Navidad

en yule log

trufa 1 s.f. Fungo do xénero Tuber, que medra

baixo a terra, de forma globosa ou subglobosa,

xeralmente irregular, do que se empregan

algunhas especies como condimento

polo seu aroma intenso.

es trufa

en truffle

trufa 2 s.f. Doce de pequeno tamaño e forma

esférica, elaborado con chocolate, manteiga

e azucre e cuberto de cacao en po ou

fideos de chocolate.

es trufa

en truffle

trufa branca loc.s.f. Trufa de forma subglobosa,

lobulada e moi irregular, lisa e de cor

ocre, coa gleba de cor abrancazada cando é

nova e con tons apardazados ou avermellados

na madurez, sucada por numerosas veas

brancas e finas, e sabor e olor intensos.

gl trufa branca do Piemonte

es trufa blanca

es trufa blanca del Piamonte

239

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!