28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

anco, fociño máis aguzado e os ollos

máis pequenos.

es marrajo

en shortfin mako

NC Isurus oxyrinchus

marraxo sardiñeiro loc.s.m. Véxase: marraxo

marron glacé loc.s.m. Castaña pelada e cocida,

que se confeita repetidas veces nun

almibre.

es marron glacé

en marron glacé

marsala s.m. Viño licoroso orixinario de Italia,

de cor variable entre o dourado e o vermello,

que se obtén da mestura do mosto

ou viño producido coas uvas das variedades

autorizadas e xarope de mosto, cunha

graduación alcohólica superior a 17°, e que

adoita consumirse como aperitivo ou utilizarse

para cociñar.

Nota: A denominación procede do concello

de Marsala (Italia), onde se elabora.

es marsala

en Marsala

maruca s.f. Peixe branco de gran tamaño, que

pode acadar 2 m, de corpo alongado e delgado

con escamas pequenas, dorso de cor

parda verdosa, ventre abrancazado, dúas

aletas dorsais cunha mancha negra no extremo

posterior, cabeza pequena e mandíbula

superior máis prominente que a inferior,

cunha barba nesta.

es maruca

en ling

NC Molva molva

maruca azul loc.s.f. Véxase: peixe pau

masa 1 s.f. Mestura homoxénea e branda que

se obtén da incorporación de fariña a un líquido,

xeralmente auga ou leite.

es masa

en dough

masa 2 s.f. Mestura homoxénea e branda que

se obtén da incorporación fariña a un líquido,

xeralmente auga ou leite, e traballada

con aceite ou outra graxa, que se emprega

en preparacións doces ou salgadas.

es masa

es pasta

en pastry

en paste

masa choux loc.s.f. Masa de orixe francesa,

de textura cremosa, elaborada xeralmente

mesturando auga quente con manteiga e fariña,

á que se lle engade ovos cando arrefría,

e que se emprega na preparación de

pasteis con recheos doces ou salgados.

es pasta choux

en choux pastry

masa crebada loc.s.f. Masa de orixe francesa

elaborada xeralmente con fariña, manteiga

e un ingrediente líquido, como auga,

leite ou ovos batidos, que se emprega na

preparación de pasteis doces ou salgados.

gl masa quebrada

es masa quebrada

es pasta quebrada

es masa brisa

es pasta brisa

en shortcrust

en shortcrust pastry

masa de follado loc.s.f. Véxase: follado 1

masa filo loc.s.f. Masa de orixe grega, elaborada

xeralmente con fariña, aceite, ovos e

auga, que se presenta en láminas moi finas,

case transparentes, e que se emprega en

preparacións doces ou salgadas.

es masa filo

es pasta filo

en filo

en phyllo

masa follada loc.s.f. Véxase: follado 1

masa frixida loc.s.f. Calquera dos doces elaborados

cunha masa de fariña, ovos e azucre

e frixida en aceite ou outra graxa.

es fruta de sartén

en fried dough

masa quebrada loc.s.f. Véxase: masa crebada

mascarpone s.m. Queixo fresco de orixe italiana,

coa pasta branda, de cor branca, textura

cremosa e sabor doce, que adoita comercializarse

en terrinas cilíndricas.

es mascarpone

en mascarpone

matacandil s.m. Cogomelo co sombreiro

ovoide cando é novo e acampanado na madurez,

de cor abrancazada e recuberto de

pequenas escamas apardazadas, e pé cilíndrico,

branco e cun anel móbil.

gl barbuda

es barbuda

155

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!