28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

gl caramelo brando

es caramelo masticable

es caramelo blando

en chew [GB]

en taffy [US]

caramuxa s.f. Véxase: caramuxo

caramuxo s.m. Molusco gasterópodo mariño

de pequeno tamaño, coa cuncha cónica enrolada

en espiral, de cor apardazada e finamente

estriada, con liñas concéntricas máis

escuras.

gl mincha

gl caramuxa

es bígaro

en periwinkle

en winkle

NC Littorina littorea

caranguexo s.m. Véxase: cangrexo

carballa s.f. Véxase: bocho

carboeiro s.m. Peixe branco de gran tamaño,

similar ao badexo, pero co dorso máis escuro,

liña lateral case recta e de cor clara,

aleta caudal bifurcada e unha barba pe -

quena na mandíbula inferior.

es carbonero

es fogonero

en saithe

en coalfish

NC Pollachius virens

carbohidrato s.m. Véxase: hidrato de carbono

carbón s.m. Fungo, parasito do millo, de aspecto

xelatinoso e abrancazado cando é

novo e pulverulento e negro na madurez,

que só se consome en estado inmaturo.

gl caruncho do millo

es cuitlacoche

es huitlacoche

en huitlacoche

NC Ustilago maydis

carbonara adx. Véxase: á carbonara

carcasa s.f. Esqueleto dunha ave, despois de

lle aproveitar as pezas de carne.

es carcasa

en carcass

en carcase [GB]

cardamomo s.m. Semente da planta do

mesmo nome (Elettaria cardamomum), estriada

e de cor negra, aromática e de sabor

lixeiramente picante, que se utiliza como

condimento.

es cardamomo

en cardamom

cardo s.m. Planta herbácea de talo ramificado,

follas grandes e espiñentas e flores azuis en

capítulos, da que se consomen os pedún -

culos tenros, xeralmente cocidos.

es cardo

en cardoon

NC Cynara cardunculus

cariñena 1 s.f. Uva tinta de tamaño mediano,

forma esférica e pel grosa de cor negra azulada,

de cultivo moi estendido e utili zada

especialmente para a elaboración dos viños

das denominacións de orixe Rioxa, Navarra

e Cariñena.

Nota: A denominación procede da cidade

de Cariñena (Zaragoza), onde se producía

orixinariamente.

es cariñena

es mazuela

es mazuelo

en Carignan

en Carignane [US]

cariñena 2 s.m. Viño elaborado coa uva do

mesmo nome ou pertencente á denomi -

nación de orixe homónima.

es cariñena

en Carignan

en Carignane [US]

carioca s.f. Pescada pequena.

es pescadilla

es pijota

en baby hake

carlota s.f. Doce elaborado con biscoitos de

soleta ou doutras variedades, enmoldados

en círculo e cubertos dunha capa de crema

ou mousse, que adoita decorarse con froitas

ou chocolate.

Nota: A denominación procede do nome da

raíña Carlota, esposa de Xurxo III do

Reino Unido, a quen se lle dedicou este

doce.

es carlota

es carlota rusa

en charlotte

carne 1 s.f. Parte muscular comestible dos animais

de abasto.

es carne

en flesh

67

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!