28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

NC Pagellus erythrinus

brézel s.m. Galleta de orixe alemá, xeralmente

en forma de lazo ou pau, condimentada

con sal e comiño.

es pretzel

en pretzel

bridar v.t. Atar cun fío especial unha ave,

peza de carne ou peixe para que conserve a

forma desexada durante a súa preparación.

es bridar

es embridar

en truss

brie s.m. Queixo de orixe francesa, elaborado

con leite de vaca, coa codia branda, de cor

branca e recuberta de mofo e a pasta

branda, amarelada e de textura cremosa,

que adoita comercializarse en forma cilíndrica.

Nota: A denominación procede da rexión

de Brie (Francia), onde se elabora.

es brie

en Brie

brigada de cociña loc.s.f. Conxunto organizado

de persoas que desenvolven o seu traballo

nunha cociña.

es brigada de cocina

en kitchen staff

en brigade de cuisine

brik s.m. Envase en forma de paralelepípedo,

de cartón, aluminio e polietileno, que se

utiliza para conservar alimentos líquidos.

Nota: A denominación procede da marca

Tetra Brik, rexistrada por Tetra Pak.

es tetra brik

es tetrabrik

en tetrapack

brioche s.m. Doce elaborado cunha masa fermentada

de fariña, ovos, leite e manteiga

que se coce no forno.

es brioche

en brioche

brizo s.m. Véxase: agrón

broa s.f. Pan elaborado con fariña milla.

gl boroa

gl pan de millo

gl pan millo

es borona

es pan de maíz

en cornbread

56

brócoli s.m. Inflorescencia da col do mesmo

nome (Brassica oleracea var. italica), carnosa

e de cor verde escura, que se con some

cocida.

es brócoli

es brécol

es bróculi

en broccoli

brócoli romanesco loc.s.m. Véxase: romanesco

brownie s.m. Porción cadrada ou rectangular

de biscoito de chocolate, orixinario dos Estados

Unidos, elaborado sen lévedo e que

pode levar froitos secos.

es brownie

en brownie

brunch s.m. Comida que se fai por influencia

anglosaxoa entre o almorzo e o xantar, en

substitución destes.

es brunch

en brunch

bruxa s.f. Véxase: ameixa bicuda

budión rei loc.s.m. Véxase: rei

bufete 1 s.m. Servizo de restauración que

ofrece un establecemento hostaleiro e que

consta de diversos alimentos, preparacións

ou bebidas dispostos en mesas para que os

clientes poidan escoller os que prefiran.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

conxunto de alimentos ofrecidos neste servizo.

es bufé

es bufet

es ambigú

en buffet

bufete 2 s.m. Moble onde se colocan os pratos

e xeralmente tamén as bebidas, dispostos

de maneira que os clientes se poidan servir

libremente.

es bufé

en buffet

bufete libre loc.s.m. Servizo de restauración

que ofrece un establecemento hostaleiro e

no que, por un prezo fixo, os clientes poden

servirse todos os alimentos, preparacións e

bebidas que desexen.

es bufé libre

en all-you-can-eat buffet

bulgur s.m. Trigo duro escascado que se comercializa

vaporizado, desecado e tri tu-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!