28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

copa de viño loc.s.f. Copa grande e ancha,

xeralmente máis pequena que a de auga, na

que se serve o viño.

Nota: A copa de viño tinto é de maior tamaño

e máis ancha que a utilizada para o

viño branco.

es copa de vino

en wine glass

copa de xeado loc.s.f. Copa, xeralmente cónica

ou semiesférica, na que se serven os

xeados.

es copa de helado

en ice-cream goblet

coradas s.f.pl. Véxase: liviáns

corazón 1 s.m. Véxase: carozo

corazón 2 s.m. Órgano muscular, responsable

da circulación sanguínea, situado na cavidade

torácica dos animais de abasto, que

adoita consumirse cocido.

es corazón

en heart

corazón de palmeira loc.s.m. Gromo terminal

do talo de diversas especies de palmeira

(especialmente Euterpe oleracea e

Euterpe edulis), cilíndrico, de cor abrancazada

e sabor amargo, que se adoita comercializar

en conserva.

es palmito

en heart of palm

corbelo s.m. Badexo pequeno.

es abadejo pequeño

en baby pollack

cordeiro s.m. Véxase: año

cordeiro mamote loc.s.m. Véxase: año de

leite

cordela s.f. Véxase: redeño

cordon bleu loc.s.m. Preparación formada

por un escalope de polo ou tenreira, dobrado

á metade e reenchido con queixo e

xamón cocido, que se empana e frixe.

es cordon bleu

en escalope cordon bleu

coriandro s.m. Véxase: coandro

cornecha s.f. Véxase: ameixa branca

cornecho s.m. Peza de pan en forma de dous

pares de cornos que se entrecruzan na súa

parte central.

es cornecho

en horned bread

cornete 1 s.m. Barquillo enrolado en forma de

cono, especialmente aquel sobre o que se

serven as bólas de xeado.

es cucurucho

en cone

en cornet [GB]

cornete 2 s.m. Xeado composto por unha ou

máis bólas que se serven sobre un cono de

barquillo.

es cornete

en ice-cream cone

en cornet [GB]

correa s.f. Alga verde que pode acadar ata

3 m de lonxitude, co estipe formado por

unha estrutura basal en forma de copa, da

que nace unha tira longa e estreita con ramificación

dicotómica, de cor parda verdosa

e consistencia dura e carnosa.

gl correola

es espagueti de mar

en thongweed

en sea spaghetti

NC Himanthalia elongata

corrector de acidez loc.s.m. Aditivo que se

lles engade a certos alimentos para alterar

ou controlar a súa acidez ou alcalinidade.

gl regulador de acidez

es corrector de acidez

en acidity regulator

correola s.f. Véxase: correa

corrosco 1 s.m. Parte máis torrada do pan, situada

nos extremos dunha barra.

es currusco

es cuscurro

en heel

corrosco 2 s.m. Parte máis torrada do pan, situada

no curuto dun molete.

gl caparucho

es currusco

es cuscurro

en top heel

cortado s.m. Café servido cunhas pingas de

leite.

gl café cortado

es cortado

es café cortado

en macchiato

en caffè macchiato

cortador, cortadora s. Véxase: carniceiro,

carniceira

87

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!