28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

oblea s.f. Folla moi fina de pan asmo que se

pode utilizar como base ou elemento decorativo

dalgunhas preparacións doces ou

para o seu consumo directo.

es oblea

en wafer

okara s.f. Produto orixinario de Asia oriental,

que se obtén dos residuos sólidos xerados

na elaboración do tofu ou da bebida de

soia, en forma de pasta de cor branca e

sabor neutro que se utiliza frecuentemente

como espesante.

es okara

en okara

ola 1 s.f. Véxase: pota 1

ola 2 s.f. Véxase: pota 2

ola de presión loc.s.f. Ola provista dunha tapadeira

que pecha hermeticamente e unha

válvula que regula a presión do vapor producido

no seu interior, na que se acelera a

cocción dos alimentos.

es olla a presión

en pressure cooker

óleo s.m. Fariña fina e refinada que se obtén

da moenda da parte central do gran de cereal.

es harina de flor

es flor de harina

en superfine flour

oliva s.f. Froito en drupa da oliveira (Olea europaea),

de pequeno tamaño e forma arredondada,

de cor verde, morada ou negra segundo

o seu grao de madurez e cunha croia

no interior, que se utiliza para a obtención

de aceite ou para o seu consumo directo e

que se comercializa ao natural ou en salmoira,

con ou sen croia ou reenchida de diversos

ingredientes.

es aceituna

es oliva

en olive

o

oliva arbequina loc.s.f. Oliva de pequeno tamaño,

forma ovoide e simétrica, cultivada

principalmente en Cataluña e utilizada para

a obtención de aceite ou, en menor medida,

para o seu consumo directo.

es aceituna arbequina

es arbequina

en Arbequina olive

oliva cornicabra loc.s.f. Oliva de gran tamaño,

asimétrica, de forma alongada e

aguzada, cultivada principalmente en Castela-A

Mancha e utilizada para a obtención

de aceite.

es aceituna cornicabra

es cornicabra

en Cornicabra olive

oliva de folla branca loc.s.f. Oliva de forma

oblonga e carne dura, cultivada principalmente

en Andalucía e utilizada para a obtención

de aceite ou para o seu consumo

directo.

es aceituna hojiblanca

es hojiblanca

en Hojiblanca olive

oliva de mesa loc.s.f. Oliva de determinadas

variedades, recollida no estado de madurez

adecuado e sometida a diversos procesos

para eliminar o seu amargor e preparala

para o seu consumo directo.

es aceituna de mesa

en table olive

oliva gorda loc.s.f. Oliva de gran tamaño e

forma arredondada, cultivada principalmente

en Andalucía e utilizada para o seu

consumo directo.

es aceituna gordal

en Gordal olive

oliva manzanilla loc.s.f. Oliva pequena, moi

fina e de forma arredondada, cultivada

principalmente en Andalucía e utilizada

173

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!