28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

e dous tentáculos finos e relativamente

curtos.

es volador

es pota voladora

en broadtail shortfin squid

NC Illex coindettii

choupa 2 s.f. Véxase: pancha

chouparro s.m. Véxase: choupín

choupín s.m. Cogomelo co sombreiro ovoide

cando é novo e aplanado na madurez, de

cor agrisada ou crema, cuberto de escamas

concéntricas máis escuras e pé longo e delgado,

oco e cun anel dobre móbil.

gl chouparro

gl roco

es parasol

es apagador

en parasol mushroom

NC Macrolepiota procera

chourizo s.m. Embutido cru de cor encarnada,

elaborado cunha mestura de carne de

porco ou de porco e vacún e tou ciño, sazonada

con sal, pemento e outros condimentos

e aditivos, amasada e embu chada nunha

tripa natural ou artificial cun diámetro superior

a 40 mm e sometida a un proceso de

curación.

Nota: Cando o calibre da tripa se atopa

comprendido entre 22 e 40 mm denomí nase

indistintamente “chourizo” ou “longaínza”.

es chorizo

en chorizo

chourizo ceboleiro loc.s.m. Chourizo típico

da zona central de Galicia, elaborado con

cebola.

es chorizo de cebolla

en onion chorizo

chourizo crioulo loc.s.m. Chourizo elaborado

principalmente cunha mestura de

carne de porco e touciño, que se comercializa

cru.

es chorizo criollo

en fresh chorizo

chourizo de Pamplona loc.s.m. Chourizo

tradicional de Navarra, elaborado cunha

mestura de carne de porco ou de porco e

vacún e touciño ben picado, sometido a un

proceso de afumadura.

es chorizo de Pamplona

en Pamplona chorizo

chufa s.f. Tubérculo da planta do mesmo

nome (Cyperus esculentus), de forma

ovada, coa pel de cor acastañada ou amarelada

e a polpa branca, de sabor doce, que

se emprega para a elaboración da orchata.

es chufa

en tiger nut

en chufa

chula s.f. Masa frixida, de forma arredondada,

elaborada con fariña, ovos e leite, que pode

reencherse con ingredientes doces ou salgados.

es buñuelo

en beignet

chupachús s.m. Caramelo de forma esférica,

que leva un pau que lle serve de mango.

Nota: A denominación procede da marca

Chupa Chups, rexistrada pola empresa do

mesmo nome.

es chupa-chups

es chupa-chup

es chupachús

en lollipop

churraría s.f. Establecemento no que se elaboran

e venden churros e porras.

gl churrería

es churrería

en Spanish fried dough shop

churrascaría s.f. Establecemento especiali -

zado na preparación de churrasco.

gl churrasquería

es churrasquería

en churrascaria

churrasco s.m. Carne cociñada á grella.

es churrasco

en churrasco

churrasquería s.f. Véxase: churrascaría

churreira s.f. Máquina que se emprega para

facer churros.

es churrera

en fried dough maker

churreiro, churreira s. Persoa que fai e

vende churros.

es churrero, churrera

en fried dough seller

churrería s.f. Véxase: churraría

churro s.m. Masa frixida, xeralmente de

forma cilíndrica e estriada, elaborada con

fariña e auga, que adoita servirse cuberta

de azucre.

77

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!