28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

decocción s.f. Proceso que consiste en co ciñar

un alimento en auga fervendo durante

un tempo determinado para extraer os seus

principios activos.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

produto obtido mediante este proceso.

es decocción

en decoction

degustación s.f. Acción de probar unha pequena

cantidade de comida ou bebida para

ver como sabe.

es degustación

en tasting

degustar v.t. Tomar unha pequena cantidade

de comida ou bebida para coñecer as súas

calidades.

gl probar

gl catar

es degustar

es probar

es catar

en taste

delicatessen s.f.pl. Preparacións ou produtos

selectos.

es delicatessen

en delicacies

dente s.m. Véxase: dente de allo

dente de allo loc.s.m. Cada unha das partes

en que se divide unha cabeza de allo, de

cor abrancazada e recuberta por unha pel

delgada rosada, que se emprega como condimento.

gl dente

gl allo

es diente de ajo

es diente

es ajo

en clove

en clove of garlic

dentón s.m. Peixe branco de corpo arqueado

e comprimido lateralmente, con escamas

grandes, de cor agrisada con manchas escuras,

unha soa aleta dorsal con raios espiñentos,

cabeza grande, cos ollos pequenos,

fociño alongado e mandíbulas fortes, con

catro cairos curvos en cada unha.

es dentón

en dentex

NC Dentex dentex

96

departamento de frega loc.s.m. Departa -

mento da cociña onde se limpa e conserva

a batería de cociña.

es plonge

en dishwashing department

depenar v.t. Véxase: desplumar

derivado cárnico loc.s.m. Produto alimen -

ticio preparado total ou parcialmente con

carne, miúdos ou graxas de orixe animal.

es derivado cárnico

en meat product

derivado do ovo loc.s.m. Véxase: ovopro -

duto

derivado lácteo loc.s.m. Véxase: lácteo

derrafar v.t. Véxase: esfaragullar

derreter 1 v.t. Facer pasar unha substancia sólida

a estado líquido por acción da calor.

gl fundir

es derretir

es fundir

es deshacer

en melt

derreter 2 v.p. Pasar unha substancia sólida a

estado líquido por acción da calor.

gl fundir

es derretir

es fundir

es deshacer

en melt

desalgar v.t. Quitarlle o sal a un alimento, especialmente

poñéndoo en auga durante un

tempo.

es desalar

en desalt

desangrar v.t. Sacarlle o sangue a un animal

de abasto ou a unha peza de carne.

gl sangrar

es desangrar

en bleed

desbridar v.t. Retirar o fío que envolve unha

ave, peza de carne ou peixe para que conserve

a forma desexada durante a súa preparación.

es desbridar

en untruss

descabezar v.t. Véxase: escabezar

descafeinado s.m. Véxase: café descafeinado

descarabuñador s.m. Utensilio que se em -

prega para retirar as carabuñas das olivas

ou doutros froitos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!