28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

queixo de barra loc.s.m. Queixo de pasta

prensada, de maduración media, que se comercializa

envasado ao baleiro en forma de

prisma, e que se emprega fundamentalmente

para a elaboración de bocadillos e

sándwichs.

es queso de barra

en block cheese

queixo de bóla loc.s.m. Queixo xeralmente

de orixe holandesa, coa codia revestida de

cera, parafina ou película de aceites vexetais

de cor amarela ou vermella e a pasta

semidura e prensada, que se comercializa

en forma esférica.

es queso de bola

en ball cheese

queixo de Burgos loc.s.m. Queixo fresco de

orixe burgalesa, elaborado con leite de

vaca ou ovella, coa pasta branda prensada,

de cor branca, que adoita comercializarse

en forma cilíndrica.

es queso de Burgos

en Burgos cheese

queixo de porco loc.s.m. Véxase: cacheira

prensada

queixo de tetilla loc.s.m. Queixo de orixe

galega, elaborado con leite de vaca das

razas frisoa, pardo-alpina ou rubia galega,

coa codia fina e elástica, de cor amarela

clara, e a pasta branda e prensada, de cor

marfil e textura cremosa, que adoita comercializarse

en forma cónica.

gl tetilla

es queso de tetilla

es tetilla

en tetilla cheese

queixo desnatado loc.s.m. Queixo que contén

unha cantidade de graxa inferior ao

10% sobre o extracto seco total.

es queso desnatado

en fat-free cheese

queixo do Cebreiro loc.s.m. Queixo de

orixe galega, elaborado con leite pasteurizado

de vaca das razas rubia galega, pardoalpina,

frisoa ou cruzamentos destas, coa

pasta branda e prensada, de cor branca e

textura granulosa, que adoita comercializarse

fresco e en forma de cogomelo.

Nota: A denominación procede do concello

de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), onde se

elaboraba orixinariamente.

204

es queso de O Cebreiro

en Cebreiro cheese

queixo en po loc.s.m. Queixo deshidratado

de aspecto pulverulento que se lles engade

a certas preparacións para darlles sabor.

es queso en polvo

en cheese powder

en powdered cheese

queixo extragraxo loc.s.m. Queixo que contén

unha cantidade de graxa superior ao

60% sobre o extracto seco total.

es queso extragraso

en high-fat cheese

queixo fresco loc.s.m. Queixo de pasta

branda, cor branca e sabor suave que non

se someteu a maduración.

es queso fresco

en fresh cheese

en unripened cheese

queixo fundido loc.s.m. Produto obtido pola

mestura, fusión e emulsión dunha ou máis

variedades de queixo, ás que se lles pode

engadir leite, produtos lácteos ou outros

produtos alimenticios.

es queso fundido

en process cheese

en processed cheese

queixo graxo loc.s.m. Queixo que contén

unha cantidade de graxa comprendida

entre o 45% e o 60% sobre o extracto seco

total.

es queso graso

en fat cheese

queixo madurecido loc.s.m. Queixo que

tras o proceso de fabricación se mantén durante

certo tempo a unha temperatura determinada

e en condicións necesarias para

que se produzan os cambios físicos e químicos

característicos.

Nota: Segundo o grao de maduración alcanzado,

o adxectivo “madurecido” pode substituírse

polos cualificativos “tenro”, “semicurado”,

“curado”, “vello” ou “anello”.

es queso madurado

en aged cheese

en ripened cheese

queixo manchego loc.s.m. Queixo orixinario

de Castela-A Mancha, elaborado con

leite de ovella da raza manchega, coa codia

dura e encerada, de cor apardazada, e a

pasta prensada, abrancazada e con ollos pe-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!