28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

faba s.f. Véxase: feixón

faba loba loc.s.f. Semente da planta do

mesmo nome (Vicia faba), de forma

oblonga e cor abrancazada, avermellada ou

negra segundo as variedades, que se consome

cocida.

gl fabón

gl faballón

es haba

en broad bean [GB]

en fava bean [US]

fabada s.f. Potaxe típica de Asturias, que se

elabora principalmente con fabas, chou -

rizo, morcilla e touciño e á que se lle pode

engadir outros ingredientes.

es fabada

en Asturian bean stew

faballón s.m. Véxase: faba loba

fabón s.m. Véxase: faba loba

faceira s.f. Parte carnosa e xelatinosa da mandíbula

inferior de certos animais de abasto,

especialmente do porco.

es carrillada

es carrillera

en cheek

facer suar loc.v. Desprender un alimento, especialmente

unha verdura ou peza de

carne, o zume que contén ao cociñalo a

baixa temperatura nun recipiente pechado.

es hacer sudar

en sweat

faisán s.m. Carne de caza menor que se obtén

da ave do mesmo nome (Phasianus colchicus).

es faisán

en pheasant

faisandé adx. Referido á carne de caza, sometida

a un proceso de longa madura ción

ou inicio de descomposición para que adquira

un sabor determinado.

f

es faisandé

en gamey

en gamy

faixa s.f. Alga parda que pode acadar 3 m de

lonxitude, de estipe curto e cilíndrico e lámina

longa e estreita, coas marxes onduladas.

gl cañoto

es kombu de azúcar

en sugar kelp

en sea belt

NC Saccharina latissima

fajita s.f. Prato típico mexicano, elaborado

cunha tortilla enrolada e reenchida con

tiras de carne asada e verduras, acom pa -

ñada xeralmente de guacamole ou outras

salsas.

es fajita

en fajita

faláfel s.m. Preparación típica dalgúns países

de Oriente Próximo e Oriente Medio, simi -

lar a unha croqueta, pero de forma arredondada

e elaborada cunha masa de garavanzos

ou fabas, á que se lle engade

diversas especias.

es falafel

en falafel

en felafel

faldra s.f. Peza de vacún ou ovino que se

obtén da musculatura da rexión abdominal,

entre as extremidades anteriores e as posteriores,

fibrosa e con nervios, considerada

de ter ceira categoría.

es falda

en flank

falso cantarelo dos prados loc.s.m. Cogomelo

co sombreiro convexo cando é novo

e aplanado na madurez, de cor alaranxada

ou apardazada, pé cilíndrico, abrancazado

ou amarelado, e sabor doce.

es higróforo de los prados

111

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!