28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ferver 1 v.t. Cociñar un alimento introducíndoo

nun líquido en ebulición.

es hervir

en boil

ferver 2 v.t. Quentar un líquido ata que comeza

a burbullar.

es hervir

es cocer

en simmer

ferver 3 v.i. Burbullar un líquido por acción da

calor.

es hervir

es bullir

en boil

fervor s.m. Véxase: fervura

fervura s.f. Proceso que consiste en introducir

un alimento nun líquido en ebulición

para cociñalo.

gl fervor

es hervor

en boil

feta s.f. Queixo de orixe grega madurado en

salmoira, elaborado con leite de ovella ou

coa mestura deste e leite de cabra, de pasta

branda, cor branca, textura suave e con pequenos

ollos repartidos desigualmente polo

seu interior, que adoita comercia lizarse en

forma de prisma.

es feta

en feta

fiasco s.m. Botella de vidro de cor verde ou

transparente orixinaria de Italia, de colo

longo e estreito, co corpo convexo e cuberto

de palla ou vime, utilizada princi -

palmente para envasar os viños de Chianti.

es fiasco

en fiasco

fibra s.f. Substancia orgánica que forma parte

da estrutura das paredes celulares dos vexetais,

que non pode ser dixerida polos encimas

dixestivos do organismo, e que favorece

o tránsito intestinal.

gl fibra alimentaria

es fibra

es fibra alimentaria

en fibre [GB]

en dietary fibre [GB]

en fiber [US]

en dietary fiber [US]

fibra alimentaria loc.s.f. Véxase: fibra

114

fideo s.m. Pasta alimenticia de pequeno tamaño,

delgada e con sección circular.

es fideo

en vermicelli

fideo chinés loc.s.m. Pasta alimenticia elaborada

con fariña de trigo ou arroz, de

forma alongada e delgada, con sección circular.

es fideo chino

en Chinese noodle

fideo de chocolate loc.s.m. Porción moi pequena

de chocolate, de forma cilíndrica,

que se utiliza para decorar doces.

es fideo de chocolate

en vermicelli [GB]

en chocolate sprinkle [US]

fideuá s.f. Prato típico valenciano, similar á

paella, pero elaborado con fideos, peixe e

marisco.

es fideuá

en vermicelli paella

fígado s.m. Glándula situada na parte anterior

dereita da cavidade abdominal dos animais

de abasto, que adoita consumirse frixida.

gl fégado

es hígado

en liver

fígado de ave loc.s.m. Glándula situada na

parte anterior dereita da cavidade abdo minal

das aves, que adoita consumirse frixida.

Nota: Úsase máis en plural.

es higadillo

es higadilla

en fowl liver

fígado de boi loc.s.m. Véxase: lingua de boi

figo s.m. Froito en sicono da figueira (Ficus

carica), piriforme, coa pel fina de cor verdosa,

morada ou negra, e a carne branda e

avermellada, chea de pequenas sementes e

de sabor doce.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

froito que dá a bevereira na segunda colleita.

es higo

en fig

figo chumbo loc.s.m. Froito en baga da

chumbeira (Opuntia ficus-indica), de

forma oval, coa casca verde con espiñas

que torna amarela ou vermella cando madura,

e a polpa alaranxada, zumarenta, con

pequenas sementes e de sabor doce.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!