28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

e vermella, e a polpa amarela ou alaranxada,

cun óso central grande, aplanado e

leñoso, moi aromática e de sabor moi doce.

es mango

en mango

mangostán s.m. Froito en baga da planta do

mesmo nome (Garcinia mangostana), de

forma ovoide, coa casca leñosa de cor morada

ou castaña e a polpa comestible,

branca e de sabor doce.

es mangostán

en mangosteen

manitol s.m. Polialcohol (C 6H 14O 6) derivado

da manosa, presente nalgunhas plantas,

algas e fungos, que se emprega na industria

alimentaria como edulcorante.

Nota: Número CE: E-421

es manitol

en mannitol

manteiga 1 s.f. Substancia graxa que se obtén

ao mazar a tona do leite ata que adquire

certa consistencia.

es mantequilla

en butter

manteiga 2 s.f. Graxa que se obtén ao derreter

e solidificar os tecidos adiposos de certos

animais.

es manteca

en lard

manteiga 3 s.f. Graxa que se obtén ao solidificar

o aceite dalgúns froitos ou sementes,

como o coco ou o cacao.

es manteca

en butter

manteiga amasada loc.s.f. Manteiga mesturada

con fariña, que se emprega para

ligar certas salsas.

es mantequilla amasada

en beurre manié

manteiga composta loc.s.f. Manteiga á que

se lle engadiu outros ingredientes.

es mantequilla compuesta

en compound butter

manteiga de cacahuete loc.s.f. Manteiga,

de consistencia pastosa, elaborada a base

de cacahuetes torrados e moídos e aceites

vexetais.

es mantequilla de cacahuete

es manteca de cacahuete

en peanut butter

152

manteiga de cacao loc.s.f. Manteiga que se

obtén das sementes de cacao ou outros produtos

derivados delas.

es manteca de cacao

en cocoa butter

manteiga de coco loc.s.f. Manteiga que se

obtén do froito do coco, adecuadamente refinada.

es manteca de coco

en coconut butter

manteiga de palma loc.s.f. Manteiga que se

obtén da polpa do froito da palma (Elaeis

guineensis), adecuadamente refinada.

es manteca de palma

en palm butter

manteiga salgada loc.s.f. Manteiga que contén

unha pequena porcentaxe de sal.

es mantequilla con sal

es mantequilla salada

en salted butter

manteigada s.f. Doce de pequeno tamaño,

elaborado cunha masa de fariña, ovos,

manteiga e azucre, que se coce no forno

nun molde de papel xeralmente de base

cuadrangular.

es mantecada

en spongy cake

manteigado s.m. Doce de forma arredondada,

elaborado cunha masa de fariña,

manteiga de porco e azucre, cocida no

forno, e que se consome especialmente no

Nadal.

es mantecado

en Spanish round soft shortbread

manteigaría s.f. Establecemento no que se

vende manteiga e outros produtos lácteos.

gl manteiguería

es mantequería

en dairy

manteigoso, manteigosa adx. Que ten

moita manteiga ou que se asemella a ela en

diferentes aspectos, como o sabor ou a textura.

es mantecoso, mantecosa

en buttery

manteigueira s.f. Recipiente provisto dunha

tapadeira que se emprega para gardar a

manteiga e servila na mesa.

es mantequero

en butter dish

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!