28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pa 1 s.f. Utensilio composto dun mango e unha

folla con forma rectangular ou triangular,

que se utiliza para servir diversos alimentos,

como as porcións dunha torta.

es pala

en server

pa 2 s.f. Peza de certos animais, especialmente

de porco e ovino, que se obtén da masa

muscular das extremidades anteriores, coa

escápula, considerada de segunda categoría.

es paleta

es paletilla

en shoulder

pa cocida loc.s.f. Produto cárnico elaborado

coa pa do porco sen ósos, cartilaxes nin

tendóns, que se sazona con sal e outros

condimentos e aditivos e se somete a un

proceso de cocción.

Nota: Cando a este produto se lle engade

féculas ou proteínas recibe a denominación

“friame de paleta”.

es paleta cocida

en cooked pork shoulder

pa curada loc.s.f. Pa obtida do porco de calquera

raza, que se somete a un proceso de

salgadura e curación.

Nota: Segundo o período mínimo de curación,

pode etiquetarse coa mención “bodega”

ou “cava” (cinco meses), “reserva”

ou “anella” (sete meses) ou “gran reserva”

(nove meses).

es paleta curada

en cured pork shoulder

pa de peixe loc.s.f. Utensilio en forma de pa

que se emprega para comer o peixe.

gl coitelo de peixe

es pala de pescado

es cuchillo de pescado

en fish knife

p

pacana s.f. Froito en noz da planta Carya illinoinensis,

coa casca ovoide, lisa e de cor

escura, que garda no seu interior unha semente

comestible, oleaxinosa e de cor

acastañada.

gl noz pacana

es pacana

en pecan

pacharán s.m. Bebida típica de Navarra, de

sabor doce e cor rosada, que se obtén por

maceración ou destilación de abruños ou

os seus extractos, cun contido en azucre

non superior a 250 g/l e unha graduación

alcohólica comprendida entre 24° e 30°.

es pacharán

en sloe liqueur

padal s.m. Véxase: sabor

paella 1 s.f. Prato típico valenciano, que se elabora

con arroz e ao que se lle pode engadir

carne, peixe, marisco e algunhas hortalizas.

es paella

en paella

paella 2 s.f. Véxase: paelleira

paelleira s.f. Recipiente de metal, redondo,

de paredes baixas e dúas asas, no que se

cociñan e serven paellas e outros arroces.

gl paella

es paellera

es paella

en paella pan

paínzo s.m. Gran da planta do mesmo nome

(Panicum miliaceum), de pequeno tamaño,

forma arredondada e cor amarelada, empregado

para a obtención de fariña e a elaboración

de bebidas.

gl millo miúdo

es mijo

en millet

179

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!