28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

comercializa desecado, e do que se aproveita

a polpa unha vez rehidratada.

es pimiento choricero

en dried red pepper

pemento da Arnoia loc.s.m. Pemento cultivado

tradicionalmente no concello da Arnoia,

de tamaño mediano e forma acampanada,

coa pel lisa de cor verde clara cando

está inmaturo e sabor doce.

es pimiento de Arnoia

en Arnoia pepper

pemento de Padrón loc.s.m. Pemento cultivado

tradicionalmente nas comarcas do

Sar e Caldas, de pequeno tamaño e forma

cónica, coa pel de cor verde brillante cando

está inmaturo, e que ten ocasionalmente un

sabor picante.

es pimiento de Padrón

en Padrón pepper

pemento do piquillo loc.s.m. Pemento vermello,

tradicional de Navarra, de pequeno

tamaño e forma triangular, rematado nunha

punta arredondada, que se adoita comercializar

asado e en conserva.

es pimiento del piquillo

es pimiento de piquillo

en piquillo

pemento morrón loc.s.m. Pemento de gran

tamaño, de cor variable, xeralmente vermella,

máis doce e carnoso que outras variedades

e que se pode consumir cando

aínda está inmaturo.

es pimiento morrón

es pimiento de bonete

en sweet pepper

penedés s.m. Viño tinto, branco ou rosado,

elaborado nas provincias de Barcelona e

Tarragona, pertencente á denominación de

orixe homónima.

es penedés

en Penedès

peneira 1 s.f. Utensilio composto por un aro e

unha malla metálica ou tea moi fina, que

se emprega para filtrar, depurar ou separar

partículas de distinto tamaño.

gl baruto

gl bortel

gl xirgo

es tamiz

es cedazo

en sifter

190

peneira 2 s.f. Molusco gasterópodo mariño coa

cuncha plana e ovalada, enrolada en espiral,

coa última volta moi ampla, de cor

parda ou verdosa, con liñas concéntricas

máis escuras e con sete orificios no bordo.

gl concharela

gl orella

es oreja de mar

es oreja marina

en abalone

en ormer

en green ormer

NC Haliotis tuberculata

peneirar v.t. Pasar pola peneira certas substancias

granuladas ou en po para quitarlles

as impurezas.

gl barutar

gl bortelar

gl xirgar

es tamizar

es cerner

es cernir

en sift

en sieve

peniscar v.t. Véxase: petiscar

pepitoria s.f. Guiso elaborado con anacos de

carne, especialmente de ave, preparados

cunha salsa ligada con xemas de ovo, á que

se lle engade améndoas ou outros froitos

secos.

es pepitoria

en meat stew in almond and yolk sauce

peppermint s.m. Bebida que se obtén por maceración

ou destilación de diversas plantas

do xénero Mentha (especialmente Mentha

x piperita) ou os seus extractos, cun contido

en azucre superior a 250 g/l e unha

graduación alcohólica comprendida entre

24° e 40°.

es pipermín

es pipermint

en peppermint schnapps

pepperoni s.m. Embutido cru similar ao salame,

elaborado principalmente cunha

mestura de carne de porco e vacún e touciño

picados, sazonada con sal, pemento e

outros condimentos e aditivos, embuchada

nunha tripa e sometida a un proceso de curación

e afumadura, que adoita utilizarse

como ingrediente nas pizzas.

es pepperoni

en pepperoni

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!