28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

es deshuesadora

en stoner

descarozador s.m. Utensilio provisto dun

tubo de aceiro que se emprega para retirar

o carozo das froitas.

es descorazonador

en corer

desconxelación s.f. Proceso que consiste en

expoñer á acción da calor un alimento previamente

conxelado para poder cociñalo

ou manipulalo.

es descongelación

en defrosting

desconxelar v.t. Expoñer un alimento previamente

conxelado á acción da calor para

poder cociñalo ou manipulalo.

es descongelar

en defrost

desecamento s.m. Véxase: secado

desecar v.t. Véxase: secar

desenformar v.t. Véxase: desenmoldar

desenfornar v.t. Sacar do forno un alimento

ou preparación xa cociñados.

es deshornar

es desenhornar

en remove from the oven

desengraxar v.t. Quitarlle a un alimento ou

preparación o exceso de graxa.

es desengrasar

es desgrasar

en skim

desenmoldar v.t. Extraer unha preparación

do molde que a contén.

gl desenformar

es desmoldar

en unmould [GB]

en unmold [US]

desglasar v.t. Disolver, por medio dun líquido,

os zumes callados e adheridos ao

fondo dun recipiente para utilizalos posteriormente.

es desglasar

en deglaze

deshidratación s.f. Proceso que consiste en

eliminar a auga que contén un alimento por

acción da calor artificial, co fin de inhibir a

actividade microbiana e prolongar a súa

conservación.

es deshidratación

en dehydration

deshidratar v.t. Eliminar a auga que contén

un alimento por acción da calor artificial,

co fin de inhibir a actividade microbiana e

prolongar a súa conservación.

es deshidratar

en dehydrate

desmiuzar v.t. Véxase: esmiuzar

desnatado, desnatada adx. Que foi desprovisto

de gran parte da súa materia graxa,

referido a un produto lácteo.

es desnatado, desnatada

es descremado, descremada

en skimmed

en skim [US]

desnatar v.t. Quitarlle total ou parcialmente a

nata ou a materia graxa ao leite.

es desnatar

es descremar

en skim

desosar v.t. Quitarlle os ósos á carne.

es deshuesar

en bone

despenar v.t. Véxase: desplumar

despensa s.f. Departamento da cociña onde

se gardan os produtos que non precisan refrixeración.

es despensa

en storeroom

despezamento s.m. Separación da canal dun

animal de abasto sacrificado nas distintas

pezas comerciais.

es despiece

en cutting

despezar v.t. Separar da canal dun animal de

abasto sacrificado as distintas pezas comerciais.

gl cuartear

es despiezar

en butcher

desplumar v.t. Quitarlle as plumas a unha

ave.

gl depenar

gl despenar

gl pelar

es desplumar

es pelar

en pluck

destilación s.f. Operación que consiste en separar

por evaporación os compoñentes vo-

97

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!