28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

amente doce, ao que debe retirárselle a cutícula

antes do seu consumo.

es boleto anillado

en slippery Jack

NC Suillus luteus

andoa de verán loc.s.f. Cogomelo co sombreiro

hemisférico cando é novo e plano

convexo na madurez, de cor ocre e tacto

aveludado, pé robusto de cor máis clara e

sabor doce.

es boleto reticulado

es boleto reticulado de verano

en summer cep

NC Boletus aestivalis

andoa dos piñeiros loc.s.f. Cogomelo co

sombreiro hemisférico cando é novo e

plano convexo na madurez, de cor parda

avermellada, pé groso apardazado ou amarelado

e sabor doce.

es boleto del pino

en pine bolete

en pinewood king bolete

NC Boletus pinophilus

andoa escura loc.s.f. Cogomelo co sombreiro

hemisférico cando é novo e convexo

na madurez, de cor castaña avermellada ou

castaña escura, pé cilíndrico e longo, de cor

apardazada, e carne de sabor doce que se

tingue de azul en contacto co aire ou ao tocala.

es boleto bayo

en bay boletus

NC Xerocomus badius

andoa negra loc.s.f. Cogomelo co sombreiro

hemisférico cando é novo e estendido na

madurez, de cor moura e aveludado, pé

longo e ventrudo, máis claro que o sombreiro,

e sabor doce.

es boleto negro

en black porcini

NC Boletus aereus

androlla s.f. Embutido cru de forma alongada,

típico do noroeste peninsular, elaborado xeralmente

cunha mestura de costelas e coiros

de porco, sazonada con sal e outros condimentos

e aditivos, embuchada no

intestino groso do porco ou vacún e so me -

tida a un proceso de afumadura e curación,

que se consome cocido.

es androlla

en pork rib and skin stuffed sausage

34

anello s.m. Carne que se obtén da cría da vaca

sacrificada cunha idade comprendida entre

un e dous anos.

es añojo

en beef

en yearling meat

aneto s.m. Planta herbácea de talo longo e ramificado,

follas filiformes, flores amarelas

en umbela e froito elíptico de cor parda que

encerra unha semente plana, da que se utilizan

as follas e sementes como condimento

e os froitos en infusión.

es eneldo

es aneto

en dill

NC Anethum graveolens

angostura s.f. Bebida alcohólica de sabor

amargo, elaborada coa cortiza da planta do

mesmo nome (Cusparia trifolata), que

adoita utilizarse, en pequenas cantidades,

na preparación de diversos cócteles.

Nota: A denominación procede da cidade

de Angostura, actual Ciudad Bolívar (Venezuela),

onde se elaboraba orixinaria -

mente.

es angostura

en angostura

en Angostura bitters

anguía s.f. Peixe semigraxo que vive nos ríos

e desova no mar, de corpo alongado e cilíndrico,

en forma de serpe, coa pel lisa e

mucosa, dorso de cor negra e flancos e

ventre prateados na fase adulta, aletas dorsal

e anal unidas á caudal e cabeza alongada,

coa mandíbula inferior máis prominente

que a superior.

gl airoa

gl eiroa

es anguila

en eel

NC Anguilla anguilla

anguiacho s.m. Congro pequeno.

es anguilo

en baby conger

anís 1 s.m. Froito desecado da planta do mesmo

nome (Pimpinella anisum), moi aromático,

piriforme e de cor parda agrisada, provisto

de cinco costelas filiformes, que se utiliza

como condimento ou en infusión.

es anís

es matalahúva

en aniseed

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!