28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en crackling [US]

coitelaría s.f. Conxunto de coitelos e outros

utensilios que se usan na cociña.

gl coitelería

es cuchillería

en cutlery

coitelería s.f. Véxase: coitelaría

coitelo s.m. Utensilio cortante, provisto dunha

folla e un mango, que se emprega para cortar

alimentos.

es cuchillo

en knife

coitelo de carne loc.s.m. Coitelo dentado

que se emprega para cortar a carne.

es cuchillo de carne

en steak knife

coitelo de desosar loc.s.m. Coitelo de pequeno

tamaño, provisto dunha folla ríxida

e delgada, que se emprega para limpar e

desosar pezas de carne.

es cuchillo de deshuesar

es cuchillo deshuesador

en boning knife

coitelo de estonar loc.s.m. Coitelo de pequeno

tamaño que se emprega para pelar,

tornear ou cortar alimentos, xeralmente sen

apoialos nunha superficie.

es puntilla

en paring knife

coitelo de filetear loc.s.m. Coitelo provisto

dunha folla longa e resistente que se emprega

para cortar ou filetear grandes pezas

de carne ou peixe.

es cuchillo filetero

en filleting knife

coitelo de manteiga loc.s.m. Coitelo de pequeno

tamaño, provisto dunha folla arredondada,

que se emprega para untar a manteiga

ou calquera outro alimento cremoso.

gl coitelo de untar

es cuchillo de mantequilla

es cuchillo de untar

en butter knife

coitelo de mesa loc.s.m. Coitelo provisto

dunha folla arredondada, que se emprega

para cortar alimentos.

es cuchillo de mesa

en dinner knife

82

coitelo de pan loc.s.m. Coitelo provisto

dunha folla longa e forte, co gume dentado,

que se emprega para cortar o pan.

es cuchillo de pan

en bread knife

coitelo de peixe loc.s.m. Véxase: pa de peixe

coitelo de queixo loc.s.m. Coitelo provisto

dunha folla con furados ou dúas puntas

curvadas no bordo para cortar queixos de

consistencia cremosa, ou de dous mangos

para cortar queixos máis duros.

es cuchillo para queso

en cheese knife

coitelo de sobremesa loc.s.m. Coitelo de pequeno

tamaño que se emprega para tomar

as sobremesas.

es cuchillo de postre

en dessert knife

coitelo de trinchar loc.s.m. Véxase: trinchante

coitelo de untar loc.s.m. Véxase: coitelo de

manteiga

coitelo de verduras loc.s.m. Coitelo de

grandes dimensións, provisto dunha folla

longa e ancha, que se emprega principal -

mente para cortar e picar hortalizas.

es cuchillo cebollero

en vegetable knife

coitelo xamoneiro loc.s.m. Coitelo de gran

tamaño, provisto dunha folla fina e moi

longa, que se emprega para cortar xamón

ou pezas similares.

es cuchillo jamonero

en ham knife

col s.f. Planta de talo ramificado, semileñoso

na base, follas anchas e carnosas, con nervios

prominentes, e flores amarelas agrupadas

en acios, da que existen diversas variedades

e da que se consomen as follas

cocidas.

gl coella

gl coia

es col

en cole

NC Brassica oleracea

col de Bruxelas loc.s.f. Gromo axilar da col

do mesmo nome (Brassica oleracea var.

gemmifera), semellante a un repolo pequeno,

de forma ovalada e cor verde, que

se consome cociñado.

es col de Bruselas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!