28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

zabaione s.m. Doce cremoso, orixinario de Italia,

que se elabora con xemas de ovo, azucre

e viño doce, principalmente marsala, se coce

ao baño maría e se serve morno.

es sabayón

en zabaglione

en sabayon

zamborca s.f. Peixe azul que vive no mar e

desova nos ríos, de corpo alongado e comprimido

lateralmente, con escamas grandes,

dorso de cor azul verdosa e ventre e

flancos prateados, cunha pinta negra detrás

do opérculo e, ás veces, varias no lombo.

es sábalo

en allis shad

NC Alosa alosa

zamburiña s.f. Molusco bivalvo similar á

vieiriña, pero de menor tamaño, coas cunchas

de contorno ovalado e cor variable,

con aproximadamente 30 costelas e orellas

moi desiguais.

gl pateliña

es zamburiña

en variegated scallop

NC Mimachlamys varia

zanco s.m. Peza de ave que comprende o

fémur, a tibia e o peroné, xunto coa musculatura

que os envolve.

gl perna

es muslo

en leg

zanquiño s.m. Peza de ave que comprende a

tibia e o peroné, xunto coa musculatura que

os envolve.

es muslito

es jamoncito

en drumstick

zaragallada s.f. Conxunto de ingredientes

cos que se enche un alimento ou preparación

salgada.

es farsa

en stuffing

z

zarzaparrilla s.f. Véxase: silvamar

zorza 1 s.f. Carne de porco picada e adobada,

que se emprega para facer os chourizos.

gl amoado

es picadillo

en seasoned pork mince

zorza 2 s.f. Preparación elaborada con carne de

porco picada e adobada, que se frixe en

aceite.

es zorza

en spicy diced fried pork

zumarento, zumarenta adx. Que ten zume.

es jugoso, jugosa

en juicy

en succulent

zume 1 s.m. Líquido que se extrae de froitas e

vexetais.

es zumo

es jugo

en juice

zume 2 s.m. Líquido que se obtén da cocción

de substancias animais.

es jugo

en juices

zume concentrado loc.s.m. Bebida que se

elabora a partir de zumes de froitas ou vexetais

obtidos pola eliminación, mediante

procedementos físicos, dunha parte da súa

auga de constitución.

es zumo concentrado

en concentrated juice

zurdo liso loc.s.m. Peixe azul similar ao atún,

de corpo alongado e fusiforme, con poucas

escamas, dorso de cor gris azulada con

liñas irregulares máis escuras, ventre prateado

e dúas aletas dorsais moi separadas.

gl atún xudeu liso

es melva

en frigate tuna

NC Auxis thazard thazard

257

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!