28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

tempo variable a unha temperatura inferior

a 0 °C, co fin de inhibir a actividade microbiana

e reducir as reaccións químicas e

encimáticas.

es congelación

en freezing

conxelado s.m. Alimento sometido a un proceso

de conxelación.

es congelado

en frozen food

conxelado, conxelada adx. Referido a un

alimento, que foi sometido a un proceso de

conxelación.

es congelado, congelada

en frozen

conxelador s.m. Electrodoméstico ou parte

do frigorífico que serve para conxelar alimentos.

es congelador

en freezer

conxelar v.t. Arrefriar un alimento durante un

período de tempo variable a unha temperatura

inferior a 0 °C, co fin de inhibir a actividade

microbiana e reducir as reaccións

químicas e encimáticas.

es congelar

en freeze

coñac s.m. Bebida similar ao brandy, orixinaria

da rexión francesa de Cognac, que se

obtén por destilación de viños bran cos, envellecidos

en barricas de carballo durante

un mínimo de dous anos, e cunha graduación

alcohólica de 40°.

es coñac

en cognac

copa 1 s.f. Vaso con pé que se emprega para

beber.

es copa

en glass

copa 2 s.f. Cantidade de líquido que cabe no recipiente

do mesmo nome.

es copa

en glass

en glassful

copa 3 s.f. Bebida alcohólica servida no recipiente

do mesmo nome ou noutro similar.

es copa

en drink

86

copa de auga loc.s.f. Copa de gran tamaño e

lixeiramente arqueada na que se toma auga

ou zume.

es copa de agua

en water goblet

copa de bordeos loc.s.f. Copa grande e alongada

na que se toma o viño tinto.

es copa de burdeos

en bordeaux glass

copa de borgoña loc.s.f. Copa grande e arredondada

na que se toma o viño tinto.

es copa de borgoña

en burgundy glass

copa de brandy loc.s.f. Copa de grandes dimensións,

arredondada, coa boca estreita e

o pé curto, na que xeralmente se toma

coñac ou brandy.

gl copa de coñac

es copa de balón

es copa de brandy

es copa de coñac

en brandy snifter

copa de cata loc.s.f. Véxase: cataviño

copa de cava loc.s.f. Véxase: copa de champaña

copa de champaña loc.s.f. Copa troncocó -

nica ou en forma de seo invertido na que

se toman viños escumosos, como cham -

paña ou cava.

gl copa de cava

es copa de champán

es copa de cava

en champagne glass

copa de chardonnay loc.s.f. Copa moi similar

á de bordeos, pero coa boca máis pechada,

na que se toman os viños brancos

con corpo.

es copa de chardonnay

en chardonnay glass

copa de cóctel loc.s.f. Copa en forma de pirámide

invertida na que se toman vermú ou

cócteles.

es copa de cóctel

en cocktail glass

copa de coñac loc.s.f. Véxase: copa de

brandy

copa de licor loc.s.f. Copa de pouca capacidade

na que se toman licores.

es copa de licor

en liqueur glass

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!