28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en wine vinegar

vinagreira s.f. Recipiente que se emprega

para gardar o vinagre e servilo na mesa.

es vinagrera

en vinegar bottle

vinagreiras s.f.pl. Véxase: aceiteiras

vinagreta s.f. Salsa elaborada con vinagre e

aceite, á que xeralmente se lle engade ovo

cocido, cebola, pirixel ou pementa.

gl salsa vinagreta

es vinagreta

es salsa vinagreta

en vinaigrette

viño s.m. Bebida alcohólica que resulta da fermentación

total ou parcial da uva fresca ou

do mosto da uva, cunha graduación non inferior

a 9°.

es vino

es caldo

en wine

viño abocado loc.s.m. Viño cun contido en

azucre residual comprendido entre 5 e

15 g/l.

es vino abocado

en off-dry wine

viño anello loc.s.m. Viño que envelleceu durante

un período mínimo de 24 meses en

bocois de madeira de carballo ou en botella.

es vino añejo

en aged wine

viño branco loc.s.m. Véxase: branco

viño clarete loc.s.m. Véxase: clarete

viño da terra loc.s.m. Viño con indicación

xeográfica pero que non segue a normativa

vinícola e enolóxica da denominación de

orixe.

es vino de la tierra

en Spanish vin du pays

viño de agulla loc.s.m. Viño que cando se

embotella conserva parte do dióxido de

carbono procedente da fermentación dos

azucres propios ou engadidos, e que ao servilo

desprende burbullas pero non chega a

formar escuma.

es vino de aguja

en semi-sparkling wine

viño de mesa loc.s.m. Viño xeralmente de

pouca idade, procedente de variedades de

uva autorizadas, elaborado segundo as

prácticas comúns e que non está asignado

246

a unha denominación de orixe ou indicación

xeográfica determinadas.

es vino de mesa

es vino de pasto

en table wine

viño doce loc.s.m. Viño cun contido en azucre

residual superior a 50 g/l.

es vino dulce

en sweet wine

viño escumoso loc.s.m. Viño que contén dióxido

de carbono procedente principalmente

da segunda fermentación en botella dos

azucres naturais ou engadidos, e que ao

servilo forma unha escuma persistente e

desprende burbullas.

Nota: Segundo o seu contido en azucre,

pode ser “brut nature” (inferior a 3 g/l),

“extra brut” (de 0 a 6 g/l), “brut” (de 6 a

15 g/l), “extraseco” (de 12 a 20 g/l), “seco”

(de 17 a 35 g/l), “semiseco” (de 33 a 50 g/l)

ou “doce” (superior a 50 g/l).

gl viño espumoso

es vino espumoso

en sparkling wine

viño espumoso loc.s.m. Véxase: viño escumoso

viño gasificado loc.s.m. Viño ao que se lle

engadiu artificialmente o dióxido de carbono

que contén ou parte deste durante o

proceso de elaboración.

es vino gasificado

en carbonated wine

viño licoroso loc.s.m. Viño ao que lle engadiu

alcohol vínico, viño doce natural,

mosto ou mistela, cunha graduación alcohólica

comprendida entre 13,5° e 23°.

es vino licoroso

es vino de licor

en liqueur wine

viño nobre loc.s.m. Viño envellecido durante

un período mínimo de 18 meses en bocois

de madeira de carballo ou en botella.

es vino noble

en noble wine

viño novo loc.s.m. Viño sen crianza, destinado

a ser consumido xeralmente durante o

mesmo ano da súa produción, de sabor

fresco e afroitado.

es vino nuevo

es vino joven

en young wine

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!