28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

tesoiras de trinchar loc.s.f.pl. Tesoiras de

follas curvas utilizadas para trinchar pezas

de carne.

es tijeras de trinchar

en carving scissors

testículo s.m. Véxase: colloufa

testo s.m. Véxase: tello

tetaría s.f. Establecemento onde se serven tés

ou outras infusións.

gl tetería

es tetería

en tea café

teteira s.f. Recipiente no que se prepara e

serve o té ou outras infusións.

es tetera

en teapot

tetería s.f. Véxase: tetaría

tetilla s.amb. Véxase: queixo de tetilla

tiburón s.m. Peixe cartilaxinoso da subclase

dos elasmobranquios, xeralmente de corpo

alongado e fusiforme, co dorso de cor agrisada

ou apardazada, ventre abrancazado,

entre cinco e sete pares de fendeduras branquiais

e boca grande e ventral con varias

ringleiras de dentes aguzados.

gl quenlla

es tiburón

en shark

tiburón azul loc.s.m. Véxase: quenlla 1

tiburón peregrino loc.s.m. Peixe cartilaxinoso

de gran tamaño, que pode acadar máis

de 10 m de lonxitude, co corpo fusiforme,

dorso de cor agrisada, ventre abrancazado,

aleta caudal asimétrica, co extremo superior

máis longo que o inferior, cinco pares

de fendeduras branquiais moi prolongadas,

fociño apuntado e cónico e boca grande

con moitos dentes pequenos.

gl peixe bobo

es peregrino

en basking shark

NC Cetorhinus maximus

tila s.f. Infusión que se prepara coas flores e

brácteas da planta do mesmo nome, do xénero

Tilia (especialmente Tilia tomentosa

e Tilia cordata).

es tila

en lime flower tea

en linden flower tea

tilapia do Nilo loc.s.f. Peixe de auga doce co

corpo alongado e comprimido lateralmente,

dorso verde agrisado, ventre abrancazado,

unha soa aleta dorsal con raios espiñentos

na parte anterior, aleta caudal con

varias liñas transversais de cor escura e cabeza

grande, con labios grosos.

es tilapia del Nilo

en tilapia

en Nile tilapia

NC Oreochromis niloticus niloticus

timbal s.m. Preparación elaborada cunha

mestura de diversos ingredientes, principalmente

carne ou peixe, coa que se reenche

unha masa ou molde, polo xeral de

forma cilíndrica.

es timbal

en timbale

timo s.m. Glándula carnosa endócrina situada

na parte inferior da gorxa de certos animais

de abasto cando son novos, como a

tenreira ou o cordeiro, que adoita consumirse

guisada.

gl moega

es molleja

es timo

es lechecilla

en sweetbread

tinta s.f. Substancia de cor escura que segregan

certos moluscos cefalópodos e que

adoita utilizarse como colorante e saborizante

en determinadas preparacións.

es tinta

en ink

tinto s.m. Viño de cor vermella escura elaborado

principalmente con uvas tintas fermentadas

cos follos e mais as pebidas.

gl viño tinto

es tinto

es vino tinto

en red

en red wine

tira de lura loc.s.f. Anaco de lura rebozado e

frixido.

es raba

en calamari strip

en squid strip

tirabeque s.m. Vaíña tenra da planta do

mesmo nome (Pisum sativum subsp. sativum

var. macrocarpon), de cor verde,

ancha e plana, que se consome cando as sementes

son pequenas.

233

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!