28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

e tubérculos óseos nas bases das aletas dorsal

e anal.

es platija

en flounder

NC Platichthys flesus

plum cake s.m. Doce orixinario do Reino

Unido, elaborado cunha masa de fariña, lévedo,

ovos, manteiga, azucre, pasas e outras

froitas, que se coce no forno.

es plum-cake

en plum cake

pluma 1 s.f. Pasta alimenticia en forma de tubo

pequeno, con sección oblicua.

gl macarrón

es pluma

es macarrón

en penne

pluma 2 s.f. Peza de porco, xeralmente de raza

ibérica, que se obtén da parte anterior do

lombo, de forma triangular e con pouca

graxa intermuscular.

es pluma

es aleta

en fine pork loin fillet

poexo 1 s.m. Planta herbácea de talo ramificado

e piloso, de sección cuadrangular, follas

ovais e dentadas e flores azuladas, da que

se utilizan principalmente as follas como

condimento ou en infusión.

es poleo

es menta poleo

en pennyroyal

NC Mentha pulegium

poexo 2 s.m. Infusión que se prepara coas follas

secas da planta do mesmo nome.

es poleo

es menta poleo

en pennyroyal tea

polaría s.f. Establecemento no que se venden

polos e ovos.

gl polería

es pollería

en poulterer’s shop

en poultry shop

polbeira s.f. Establecemento especializado na

preparación de polbo.

es pulpería

en octopus restaurant

polbeiro, polbeira s. Persoa especializada

na preparación de polbo.

es pulpero, pulpera

196

en octopus cook

polbo s.m. Molusco cefalópodo co corpo globoso

de cor rosada, cabeza grande e musculosa,

de superficie rugosa, e oito raxos

de tamaño similar, máis curtos no primeiro

par e con dúas filas de ventosas na súa cara

interna, provisto no seu interior dunha

bolsa de tinta.

es pulpo

en octopus

NC Octopus vulgaris

polenta s.f. Preparación de orixe italiana, elaborada

con fariña milla cocida en auga.

es polenta

en polenta

polería s.f. Véxase: polaría

políporo frondoso loc.s.m. Fungo formado

por numerosos sombreiros sobrepostos, en

forma de abano e de cor apardazada, con

cadanseu pé lateral, abrancazado e moi ramificado.

es maitake

es políporo frondoso

en hen of the woods

en sheep’s head

en ram’s head

NC Grifola frondosa

polo 1 s.m. Carne da cría da galiña.

es pollo

en chicken

polo 2 s.m. Xeado de auga cun pau que lle serve

de mango.

es polo

en ice lolly [GB]

en popsicle [US]

polo picantón loc.s.m. Carne tenra do polo

novo que se sacrifica con un ou dous meses

de idade e un peso inferior a 500 g.

es pollo picantón

en broiler

polo tomateiro loc.s.m. Carne tenra do polo

novo que se sacrifica cun peso comprendido

entre 500 e 1000 g.

es pollo tomatero

es coquelet

en roaster

polpa s.f. Parte branda e carnosa das froitas.

gl carne

gl magalla

es pulpa

es carne

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!