28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en semi-preserved food

semidesnatado, semidesnatada adx. Que

foi desprovisto de parte da súa materia

graxa, referido a un produto lácteo.

es semidesnatado, semidesnatada

en semi-skimmed

en semi-skim [US]

sémola s.f. Produto que se obtén da moenda

dos grans de cereal, en especial de trigo,

cun tamaño de gránulo superior a 0,4 mm,

e que se utiliza principalmente na elaboración

de pastas alimenticias.

es sémola

en semolina

semolina s.f. Sémola de gránulo inferior a

0,2 mm.

es semolina

en fine semolina

sendeiriña s.f. Cogomelo co sombreiro convexo

cando é novo e estendido na madurez,

de cor ocre, xeralmente cunha pequena

protuberancia no centro máis escura, pé

delgado e fibroso, da mesma cor que o

sombreiro, e sabor doce.

es senderuela

es carrerilla

en fairy ring mushroom

en fairy ring champignon

NC Marasmius oreades

señorita s.f. Véxase: xulia

servir v.t. Dispoñer un alimento, preparación

ou bebida para que sexa consumido.

es servir

en serve

servizo 1 s.m. Véxase: cuberto 1

servizo 2 s.m. Véxase: cuberto 2

servizo 3 s.m. Disposición dun alimento, preparación

ou bebida para que sexa consumido.

es servicio

en service

servizo á americana loc.s.m. Véxase: servizo

empratado

servizo á francesa loc.s.m. Forma de servizo

na que o camareiro lles presenta aos clientes

a comida en fontes e llela ofrece pola esquerda

para que eles mesmos se sirvan.

es servicio a la francesa

en service à la française

servizo á inglesa loc.s.m. Forma de servizo

na que o camareiro lles presenta aos clientes

a comida en fontes directamente na

mesa para despois servirlles pola esquerda

as preparacións nos pratos.

es servicio a la inglesa

en silver service

servizo á rusa loc.s.m. Forma de servizo na

que normalmente o xefe de cociña prepara

os alimentos e lévaos nun carro ata a mesa

do cliente, onde o camareiro procede ao

corte das pezas e á súa distribución en pratos.

es servicio a la rusa

es servicio en gueridón

en service à la russe

servizo de barra loc.s.m. Servizo ofrecido

nunha cafetaría ou bar que consiste en ofrecerlles

aos clientes as consumicións na

barra.

es servicio de barra

en bar service

servizo de comedor loc.s.m. Servizo ofrecido

nun establecemento hostaleiro que

consiste en ofrecerlles aos clientes a posibilidade

de comer no propio local.

es servicio de comedor

en dining-room service

servizo de mesa loc.s.m. Servizo ofrecido nun

establecemento hostaleiro que consiste en

ofrecerlles aos clientes as bebidas ou comidas

na mesa para que as consuman sentados.

es servicio de mesa

en table service

servizo empratado loc.s.m. Forma de servizo

na que o camareiro serve os pratos, xa

preparados na cociña, pola dereita dos

clientes.

gl servizo á americana

es servicio emplatado

es servicio a la americana

es servicio directo

en American service

en plate service

sésamo s.m. Semente da planta do mesmo

nome (Sesamum indicum), de pequeno tamaño,

forma ovoide e cor amarelada, que

se emprega como condimento ou para a

obtención de aceite.

es sésamo

es ajonjolí

en sesame

225

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!