28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

maasdam s.m. Queixo orixinario dos Países

Baixos, elaborado con leite de vaca, coa

codia fina e encerada, de cor alaranxada, e

a pasta semidura e cocida, de textura cremosa,

con ollos de gran tamaño e sabor

doce, que adoita comercializarse en forma

cilíndrica ou de prisma.

Nota: A denominación procede da vila de

Maasdam (Países Baixos), onde se elaboraba

orixinariamente.

es maasdam

en Maasdam

macabeo s.m. Uva branca de tamaño mediano,

forma esférica e pel grosa de cor verde amarelada,

de cultivo moi estendido e utilizada

especialmente para a elaboración dos viños

das denominacións de orixe Cava, Rioxa,

Conca de Barberà e Calatayud.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

viño elaborado con esta uva.

es macabeo

es viura

en macabeo

en viura

macarrón 1 s.m. Pasta alimenticia en forma de

tubo pequeno, con sección anular.

es macarrón

en macaroni

macarrón 2 s.m. Véxase: pluma 1

macedonia s.f. Preparación elaborada con

anacos de distintas froitas maceradas en

zume, licor ou almibre.

es macedonia

es ensalada de frutas

en fruit salad

en macédoine

macela s.f. Infusión que se prepara principalmente

coas flores secas da planta do

mesmo nome (Matricaria chamomilla).

gl camomila

m

es manzanilla

es camomila

en camomile tea [GB]

en chamomile tea [US]

macela galega loc.s.f. Infusión que se prepara

principalmente coas flores secas da

planta do mesmo nome (Chamaemelum

nobile).

es manzanilla romana

es manzanilla amarga

en Roman camomile tea [GB]

en Roman chamomile tea [US]

maceración s.f. Proceso que consiste en

poñer a remollo un alimento, polo xeral

unha froita, nun líquido composto principalmente

de viño ou licor e azucre durante

certo tempo para abrandalo ou aromatizalo.

es maceración

en maceration

macerar v.t. Poñer a remollo un alimento,

polo xeral unha froita, nun líquido composto

principalmente de viño ou licor e

azucre durante certo tempo para aromatizalo

ou abrandalo.

es macerar

en macerate

machete s.m. Coitelo grande de folla ancha,

que se utiliza para cortar as pezas de carne

con óso e de gran tamaño.

es macheta

en cleaver

en chopper

machucar v.t. Esmagar un alimento coa

axuda do mazo do morteiro.

es majar

en crush

macis s.m. Arilo desecado da noz moscada,

en forma de rede, de cor avermellada e moi

aromático, que se emprega como condimento.

149

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!