28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

picador de xeo loc.s.m. Utensilio de forma

alongada, cun dos extremos rematado nun

mango e o outro afiado, que se emprega

para picar o xeo.

es picahielo

en ice pick

picadora s.f. Aparato, manual ou eléctrico,

que se utiliza para picar diversos alimentos,

especialmente a carne.

es picadora

en mincer [GB]

en grinder [US]

picadora de xeo loc.s.f. Máquina que se emprega

para picar o xeo.

es picadora de hielo

es trituradora de hielo

en ice crusher

picante 1 adx. Que produce sensación de ardor

na boca.

es picante

en hot

picante 2 s.m. Condimento que se lle engade a

unha preparación para darlle sabor picante.

es picante

en hot spice

picar 1 v.t. Véxase: petiscar

picar 2 v.t. Dividir un alimento en anacos homoxéneos

e de pequenas dimensións.

es picar

en chop

en chop up

picar 3 v.i. Producir un alimento unha sensación

de ardor no padal ou na lingua.

es picar

en be hot

en burn

picar 4 v.p. Comezar a poñerse acedo ou agre

un alimento, especialmente o viño.

es picar

en sour

pícnic s.m. Comida ao aire libre na que se

toman produtos xa preparados.

es picnic

en picnic

picota s.f. Cereixa coa pel de cor vermella escura

e a carne dura e moi doce, que se comercializa

sen o pedúnculo.

es picota

es cereza picota

en Picota cherry

pimpinela s.f. Planta herbácea de talo erecto

e ramificado, follas ovadas e pilosas de

bordo dentado e flores vermellas en espiga,

da que se utilizan principalmente as follas

como condimento ou en infusión.

es pimpinela

es pimpinela menor

en salad burnet

NC Sanguisorba minor

pinche, pincha s. Persoa que se encarga da

limpeza xeral da cociña e da realización de

traballos sinxelos desta.

es pinche

en kitchen assistant

pingo s.m. Graxa solidificada que se obtén ao

derreter os tecidos graxos do porco.

es manteca de cerdo

en lard

pinot noir loc.s.m. Uva tinta orixinaria de

Francia, de pequeno tamaño, forma esférica

e pel grosa de cor negra azulada, de

cultivo moi estendido e utilizada especialmente

para a elaboración de viños escumosos.

es pinot noir

en pinot noir

pinta s.f. Medida de capacidade anglosaxoa

para os líquidos, que equivale aproximadamente

a 0,5 l.

es pinta

en pint

pintar v.t. Cubrir unha masa cunha capa fina

e brillante dunha substancia, xeralmente

ovo batido ou aceite, coa axuda dunha brocha

ou pincel para que adquira unha cor

dourada durante a cocción.

es pintar

en glaze

pinto s.m. Peixe branco de corpo alongado e

ovalado, similar á maragota, pero de menor

tamaño, co dorso de cor apardazada ou verdosa,

con manchas máis claras, e coas marxes

das aletas dorsal, anal e caudal azuladas.

gl merlón

es merlo

en brown wrasse

NC Labrus merula

pinza s.f. Véxase: pinzas

pinzas s.f.pl. Instrumento, xeralmente metálico,

formado por dúas pezas unidas que se

emprega para suxeitar ou servir certos ali-

193

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!