28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ibeira sacra loc.s.m. Viño branco ou tinto

elaborado na zona meridional da provincia

de Lugo e na zona setentrional da provincia

de Ourense, entre as ribeiras dos ríos

Miño e Sil, pertencente á denominación de

orixe homónima.

es ribeira sacra

en Ribeira Sacra

ribeiro s.m. Viño branco ou tinto elaborado

no noroeste da provincia de Ourense, pertencente

á denominación de orixe homónima.

es ribeiro

en Ribeiro

ricotta s.f. Requeixo de orixe italiana, elaborado

xeralmente con soro de leite de ovella,

de cor branca e sabor suave.

es ricotta

en ricotta

ril s.m. Órgano excretor situado na rexión

lumbar de certos animais de abasto, que

adoita consumirse salteado ou cocido.

Nota: Úsase máis en plural.

es riñón

en kidney

rioxa s.m. Viño tinto, branco ou rosado elaborado

nas provincias da Rioxa, Áraba e

Navarra, principalmente coas uvas araúxo

e macabeo, pertencente á denominación de

orixe homónima.

es rioja

en Rioja

risoto s.m. Preparación orixinaria de Italia,

elaborada principalmente con arroz, que se

condimenta con diversos ingredientes e se

coce nun caldo ata que queda cremoso.

es risotto

en risotto

rizador de manteiga loc.s.m. Utensilio provisto

dun mango e unha folla en forma de

gancho que se emprega para obter rizos de

manteiga.

es rizador de mantequilla

en butter curler

robaliza s.f. Peixe semigraxo de corpo alongado

e fusiforme, de cor gris prateada, co

dorso máis escuro e o ventre abrancazado,

primeira aleta dorsal triangular, formada

por raios espiñentos, e a segunda trapezoidal,

e boca grande, con labios carnosos.

es lubina

es robalo

en sea bass

NC Dicentrarchus labrax

robot de cociña loc.s.m. Máquina que realiza

diferentes traballos na cociña, como

bater, amasar ou mesmo cociñar.

es robot de cocina

en food processor

roco s.m. Véxase: choupín

roda s.f. Véxase: toro

rodaballo s.m. Peixe branco de corpo plano e

case circular, sen escamas, co dorso de cor

xeralmente apardazada ou verdosa, con

puntos amarelos e negros e tubérculos

óseos, ventre abrancazado e os ollos no

lado esquerdo da cabeza.

es rodaballo

en turbot

NC Scophthalmus maximus

rodar v.t. Véxase: torar

rodete s.m. Véxase: rolete

rolete s.m. Utensilio cilíndrico e alongado,

xeralmente de madeira, que se emprega

para estirar e rebaixar masas.

gl rodete

gl rolo

es rodillo

en rolling pin

roliño de primavera loc.s.m. Preparación

de orixe chinesa, composta por un cilindro

de masa reenchido de diversos ingredientes,

principalmente verduras, e frixido.

es rollito de primavera

en spring roll

rolla s.f. Peza de cortiza ou doutro material,

xeralmente de forma cilíndrica, que se emprega

para tapar as botellas.

gl tapón

es tapón

en cork

rolo 1 s.m. Véxase: rolete

rolo 2 s.m. Porción de carne de certos animais

de abasto, en especial de vacún e porco, xeralmente

reenchida de diversos ingredientes,

que se enrola e ata para que manteña

esta forma mentres se cociña no forno.

es rollo

es roti

en roulade

213

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!