28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

olo de cabra loc.s.m. Queixo elaborado con

leite de cabra que se comercializa con

forma cilíndrica.

es rulo de cabra

en goat cheese log

romanesco s.m. Inflorescencia da col do

mesmo nome (cultivares de Brassica oleracea

var. botrytis), de cor verde clara ou

amarelada, que forma estruturas fractais e

que se consome cocida.

gl brócoli romanesco

es romanesco

es coliflor romanesco

es brócoli romanesco

en Romanesco broccoli

en Roman cauliflower

romeu s.m. Planta arbustiva moi aromática,

de talo moi ramificado, follas lineais, agudas

e pilosas, flores azuladas agrupadas en

acios e froito globoso de cor castaña clara,

da que se utilizan as follas como condimento

ou en infusión.

es romero

en rosemary

NC Rosmarinus officinalis

ron s.m. Bebida que se obtén por destilación e

fermentación do zume da cana de azucre,

envellecido en barricas de carballo ou cerdeira,

e cunha graduación alcohólica comprendida

entre 40° e 60°.

es ron

en rum

roncador mulato loc.s.m. Peixe branco de

corpo alongado e comprimido lateralmente,

con escamas pequenas, dorso de cor

gris apardazada, ventre abrancazado, preopérculo

dentado, unha soa aleta dorsal,

ollos grandes, labios carnosos e interior da

boca alaranxado.

es roncador

es burro

es burro chiclero

en rubberlip grunt

NC Plectorhinchus mediterraneus

roncal s.m. Queixo de orixe navarra, elaborado

con leite de ovella das razas lacha ou

rasa, coa codia grosa e apardazada e a

pasta dura e prensada, de cor amarela pálida

e sabor lixeiramente picante, que

adoita comercializarse en forma cilíndrica.

Nota: A denominación procede do concello

de Roncal (Navarra), onde se elabora.

214

es roncal

en Roncal cheese

rooibos s.m. Planta arbustiva de talo leñoso,

follas finas e acuminadas e flores pequenas

e amarelas, da que se utilizan as follas desecadas

en infusión.

es rooibos

en rooibos

NC Aspalathus linearis

roquefort s.m. Queixo azul de orixe francesa,

elaborado con leite de ovella, coa codia

branda, de cor branca e recuberta de mofo

e a pasta semidura, abrancazada, con veas

azuladas pola acción dos fungos, de aroma

intenso e sabor picante, que adoita comercializarse

en forma cilíndrica.

Nota: A denominación procede da vila de

Roquefort-sur-Soulzon (Francia), onde se

elabora.

es roquefort

en Roquefort

rosado s.m. Viño de cor rosada elaborado con

uvas tintas ou coa mestura destas con uvas

brancas, que se caracteriza por fermentar

sen os follos.

gl viño rosado

es rosado

es vino rosado

en rosé

en rosé wine

rosbif s.m. Lombo de vacún asado, que se caracteriza

porque, ao cortalo, a carne debe

aparecer ben feita por fóra, vermella no

centro e rosada na zona intermedia.

es rosbif

en roast beef

rosca 1 s.f. Peza de pan en forma de anel.

es rosca

es rosco

en ring-shaped loaf

rosca 2 s.f. Doce en forma de anel, elaborado

cunha masa fermentada de fariña, leite,

ovos e azucre, que se cociña no forno.

es rosca

en ring-shaped roll

en ring-shaped pastry

rosca de viño loc.s.f. Doce en forma de anel,

elaborado cunha masa de fariña, manteiga,

azucre e canela, aromatizada con viño, que

se cobre de azucre glas na súa totalidade e

se consome especialmente no Nadal.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!