28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pera s.f. Froito en pomo da pereira (Pyrus communis),

máis ancho na base que na parte superior,

xeralmente coa pel verde ou amarela

e a polpa branca, doce e zumarenta.

es pera

en pear

pera bergamota loc.s.f. Véxase: bergamota 1

pera blanquilla loc.s.f. Pera de pequeno tamaño,

redondeada na base, coa pel de cor

verde con manchas rosáceas e a polpa

branca, moi zumarenta.

gl pera de auga

es pera blanquilla

es pera de agua

es pera agua de Aranjuez

en Blanquilla pear

pera conferencia loc.s.f. Pera de forma alongada,

coa pel grosa de cor verde con pintas

pardas e a polpa branca e granulosa, de

sabor moi doce.

es pera conferencia

es pera conference

en Conference pear

pera de auga loc.s.f. Véxase: pera blanquilla

pera de San Xoán loc.s.f. Pera de pequeno

tamaño e forma oval, coa pel de cor verde

avermellada e a polpa branca e crocante,

que se comercializa no mes de xuño.

es pera de San Juan

en San Juan pear

pera ercolini loc.s.f. Pera de tamaño mediano,

coa pel fina de cor verde amarelada,

cunha mancha vermella por onde lle dá o

sol, e a polpa abrancazada, de sabor moi

doce.

es pera ercolini

en Ercolini pear

pera limoeira loc.s.f. Pera coa pel de cor

verde clara, que torna amarela cando madura,

e a polpa branca, moi doce e zumarenta.

es pera limonera

es pera Dr. Jules Guyot

en Dr. Jules Guyot pear

pera urraca loc.s.f. Véxase: urraca

pera Williams loc.s.f. Pera de gran tamaño,

coa pel lisa de cor amarela, moi zumarenta

e de sabor algo acedo.

es pera Williams

en Williams pear [GB]

en Bartlett pear [US]

perca americana loc.s.f. Peixe de auga doce

de corpo alongado e algo comprimido lateralmente,

co dorso de cor gris verdosa, cunha

banda negra desde o opérculo ata a base da

aleta caudal, ventre abrancazado, unha soa

aleta dorsal, con raios espiñentos na parte anterior,

e cabeza grande, coa boca ampla.

es perca americana

en largemouth bass

en largemouth black bass

NC Micropterus salmoides

percebe s.m. Crustáceo cirrípede co pé longo

e carnoso, protexido por unha pel dura, de

cor escura, e rematado nunha uña formada

por varias placas calcarias abrancazadas.

es percebe

en barnacle

NC Pollicipes pollicipes

perdiz s.f. Carne dalgunhas aves do xénero

Perdix (especialmente Perdix perdix) ou

Alectoris (especialmente Alectoris rufa).

es perdiz

en partridge

perexil s.m. Véxase: pirixel

perifol s.m. Planta herbácea de talo erecto e

ramificado, follas compostas e pecioladas,

moi aromáticas, e flores brancas en umbela,

da que se utilizan as follas como condimento.

gl cerefolio

es perifollo

es cerafolio

en chervil

NC Anthriscus cerefolium

perna 1 s.f. Peza de certos animais de abasto,

especialmente de ovino, que se obtén das

extremidades posteriores, desde o nocello

ata a coxa, considerada de primeira categoría.

es pierna

en leg

perna 2 s.f. Véxase: zanco

pernil s.m. Véxase: xamón

pernileiro s.m. Véxase: xamoneiro

pescada s.f. Peixe branco de corpo alongado

e algo comprimido lateralmente,

que pode acadar máis de 1 m de lonxitude,

con escamas pequenas, dorso de cor

cinsenta prateada, ventre abrancazado,

dúas aletas dorsais e unha anal, ollos

grandes, fociño longo e aguzado, mandí-

191

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!