28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

aceite de cacahuete loc.s.m. Aceite que se

extrae das sementes do cacahuete (Arachis

hypogaea).

es aceite de cacahuete

en peanut oil

aceite de cártamo loc.s.m. Aceite que se extrae

das sementes do cártamo (Carthamus

tinctorius).

es aceite de cártamo

en safflower oil

aceite de colza loc.s.m. Aceite que se extrae

das sementes da colza (Brassica napus var.

oleifera).

es aceite de colza

en rapeseed oil

aceite de millo loc.s.m. Aceite que se extrae

do xermolo das sementes do millo (Zea

mays).

es aceite de maíz

en corn oil

aceite de oliva loc.s.m. Aceite que se obtén

da mestura de aceite de oliva virxe e aceite

refinado, cunha acidez máxima de 1°.

es aceite de oliva

en olive oil

aceite de oliva refinado loc.s.m. Aceite de

oliva que se obtén mediante técnicas de refinación

do aceite de oliva virxe, cunha acidez

máxima de 0,3°.

es aceite de oliva refinado

en refined olive oil

aceite de oliva virxe loc.s.m. Aceite de oliva

que se obtén mediante procedementos mecánicos

ou físicos que eviten a súa alteración,

cunha acidez máxima de 2°.

es aceite de oliva virgen

en virgin olive oil

aceite de oliva virxe extra loc.s.m. Aceite

de oliva que se obtén da primeira espre -

medura mediante procedementos físicos

que eviten a súa alteración, cunha acidez

máxima de 0,8°.

es aceite de oliva virgen extra

en extra-virgin olive oil

aceite de soia loc.s.m. Aceite que se extrae

das sementes da soia (Glycine max).

es aceite de soja

en soya bean oil [GB]

en soybean oil [US]

24

aceite de xirasol loc.s.m. Aceite que se extrae

das sementes do xirasol (Helianthus

annuus).

es aceite de girasol

en sunflower oil

aceite vexetal loc.s.m. Aceite que se extrae,

tras un proceso de refinación, de sementes

ou xermolos vexetais.

es aceite vegetal

en vegetable oil

aceiteira 1 s.f. Recipiente que se emprega para

gardar o aceite e servilo na mesa.

es aceitera

en cruet

aceiteira 2 s.f. Recipiente que se emprega para

conservar aceites usados e reaproveitables.

es grasera

en grease can

aceiteiras s.f.pl. Conxunto de recipientes destinados

a conter determinados condi mentos

como o aceite, o vinagre, o sal ou a pementa,

xunto co seu soporte.

gl vinagreiras

es aceiteras

es vinagreras

en cruet

acelga s.f. Planta de talo erecto, follas grandes

e ovadas de cor verde e con nervios cen -

trais prominentes, e flores verdosas, da que

se consomen principalmente as follas unha

vez cocidas.

es acelga

en chard

en Swiss chard

NC Beta vulgaris

acendedor s.m. Utensilio que se emprega

para prender lume por medio dunha chama

ou chispa.

es encendedor

en lighter

acerola s.f. Froito en pomo da aceroleira

(Crataegus azarolus), de forma redonda,

coa pel de cor encarnada ou amarela e a

polpa carnosa, alaranxada e de sabor agri -

doce, con tres sementes no seu interior.

es acerola

en azarole

acidez s.f. Véxase: acedume

ácido acético loc.s.m. Ácido (C 2H 4O 2) líquido

e incoloro, presente no vinagre, que

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!