28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

es tenedor de mesa

en dinner fork

garfo de ostras loc.s.m. Garfo provisto de

dous ou tres gallos curtos, co que se comen

as ostras.

es tenedor de ostras

en oyster fork

garfo de peixe loc.s.m. Garfo provisto de

tres ou catro gallos anchos, que se emprega

para comer o peixe.

es tenedor de pescado

en fish fork

garfo de sobremesa loc.s.m. Garfo de pequeno

tamaño e xeralmente de catro gallos,

co que se toma a sobremesa.

es tenedor de postre

en dessert fork

garfo de trinchar loc.s.m. Garfo de gran tamaño,

con dous gallos longos, que se emprega

para suxeitar grandes pezas de carne

mentres se cortan.

es tenedor de trinchar

en carving fork

garnacha s.m. Viño elaborado coa uva garnacha

tinta.

es garnacha

en grenache

garnacha branca loc.s.f. Uva branca de tamaño

mediano, forma elíptica e pel fina de

cor verde amarelada, utilizada especialmente

para a elaboración dos viños das denominacións

de orixe Alella, Terra Alta e

Tarragona.

es garnacha blanca

en grenache blanc

garnacha tinta loc.s.f. Uva tinta de tamaño

mediano, forma esférica e pel fina de cor

violácea, de cultivo moi estendido e utilizada

especialmente para a elaboración dos

viños das denominacións de orixe Calatayud,

Cataluña, Priorato, Cariñena e Navarra.

es garnacha tinta

en grenache noir

garnacha tintureira loc.s.f. Uva tinta orixinaria

de Francia, de tamaño mediano,

forma esférica, pel grosa de cor negra azulada

e polpa con forte pigmentación, utilizada

especialmente para a elaboración dos

viños das denominacións de orixe Almansa,

Alacant, Ribeiro e Ribeira Sacra.

es garnacha tintorera

en Alicante Henri Bouschet

garrafa s.f. Recipiente arredondado, xeralmente

de vidro, co colo longo e estreito,

que se emprega para almacenar e conservar

líquidos.

es garrafa

en demijohn

garrafón s.m. Garrafa de grandes dimensións.

es garrafón

es damajuana

en carboy

gasificante s.m. Aditivo que se lles engade a

certos alimentos para aumentar o volume

da súa masa mediante a liberación de gas.

es gasificante

en leavening agent

en raising agent

gasosa s.f. Bebida incolora elaborada con

auga carbonatada, aromas e azucres.

es gaseosa

en lemonade [GB]

en lemon soda [US]

gaspacho s.m. Sopa que se elabora principalmente

con tomate, cogombro, aceite e allo,

e se serve fría.

es gazpacho

en gazpacho

gastronomía s.f. Arte de preparar e apreciar

unha boa comida.

es gastronomía

en gastronomy

gastrónomo, gastrónoma 1 s. Persoa amante

da boa cociña.

es gastrónomo, gastrónoma

es gourmet

en gourmand

gastrónomo, gastrónoma 2 s. Persoa experta

en gastronomía.

es gastrónomo, gastrónoma

es gourmet

en gourmet

gata s.f. Peixe cartilaxinoso de pequeno tamaño,

cunha lonxitude inferior a 60 cm, de

corpo alongado e cilíndrico, co dorso de

cor cinsenta acastañada, ventre e parte inferior

do fociño negros, dúas aletas dorsais,

a segunda de maior tamaño que a primeira,

con grosas espiñas na parte anterior, aleta

caudal asimétrica, fendeduras branquiais

123

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!