28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

chacina s.f. Produto cárnico elaborado xeralmente

con carne do cuarto traseiro de

vacún salgada, afumada e curada.

es cecina

es chacina

en cured beef

chacinaría s.f. Establecemento onde se

vende chacina ou calquera tipo de embutido

ou friame.

gl chacinería

es charcutería

es chacinería

en charcuterie

chacineiro, chacineira s. Persoa que vende

chacina ou calquera tipo de embutido ou

friame.

es charcutero, charcutera

es chacinero, chacinera

en charcuterie dealer

chacinería s.f. Véxase: chacinaría

chacolí s.m. Viño novo, xeralmente branco e

de sabor agre e afroitado, elaborado no

País Vasco a partir de certas variedades de

uva, como a ondarrabi.

es chacolí

en txakoli

chaira s.f. Cilindro ou barra de metal provisto

dun mango que se emprega para afiar coitelos.

es chaira

es eslabón

en steel

en sharpening steel

chalota s.f. Bulbo da planta do mesmo nome

(Allium cepa var. aggregatum), de forma

ovoide, formado por varias capas comes -

tibles de cor branca recubertas dunha pel

exterior fina e de cor acastañada, que se

emprega como condimento.

es chalota

es chalote

en shallot

champaña s.m. Viño escumoso, branco ou

rosado, elaborado en cavas e orixinario de

Francia.

Nota: A denominación procede da rexión

de Champaña (Francia), onde se elaboraba

orixinariamente.

es champán

es champaña

en champagne

champiñón s.m. Cogomelo do xénero Agaricus

(especialmente Agaricus bisporus e

Agaricus campestris), co sombreiro convexo

cando é novo e aplanado na madurez,

de cor abrancazada, pé curto e cun anel na

parte alta.

es champiñón

en mushroom

champiñón de París loc.s.m. Cogomelo co

sombreiro hemisférico cando é novo e

plano convexo na madurez, de cor abran cazada

con manchas crema, pé curto, branco

e cun anel membranoso, e carne de sabor

doce, que se tingue lixeiramente de cor rosácea

en contacto co aire ou ao tocala.

es champiñón cultivado

es champiñón de París

en button mushroom

en table mushroom

NC Agaricus bisporus var. bisporus

champiñón do sol loc.s.m. Cogomelo co

sombreiro hemisférico cando é novo e convexo

na madurez, de cor abrancazada e cuberto

de escamas apardazadas, e pé curto e

branco, cun anel na parte alta.

es champiñón del sol

en himematsutake

en sun agaricus

en almond mushroom

NC Agaricus subrufescens

champiñón silvestre loc.s.m. Cogomelo co

sombreiro hemisférico cando é novo e

plano convexo na madurez, de cor abran cazada

ou agrisada, pé cilíndrico, curto e cun

anel na parte superior, e carne de sabor lixeiramente

doce que se tingue de cor rosácea

en contacto co aire ou ao tocala.

gl cogomelo dos lameiros

es champiñón silvestre

en field mushroom

en meadow mushroom

NC Agaricus campestris

chamuscar v.t. Pasar unha ave desplumada

ou outro animal esfolado por unha chama

de gas ou de alcohol de queimar para eliminarlles

os restos de plumas ou pelo.

es flamear

es chamuscar

en singe

chandarme s.m. Véxase: alcrique

changurro s.m. Prato típico do País Vasco,

elaborado con centola cocida e esmiu-

73

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!