28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

café torrefacto loc.s.m. Café ao que se lle

engadiu azucre antes de rematar o proceso

de torradura dos grans.

es café torrefacto

en coffee roasted with sugar

café tostado natural loc.s.m. Véxase: café

torrado natural

café turco loc.s.m. Café preparado en auga

azucrada, fervido tres veces e servido, logo

de repousar, sen coar.

es café turco

en Turkish coffee

café vienés loc.s.m. Café ao que se lle engade

nata batida.

es café vienés

en Vienna coffee

cafeína s.f. Alcaloide (C 8H 10N 4O 2) que se

obtén do café, té, mate e outros vexetais,

con propiedades diuréticas e estimulantes

do sistema nervioso central e cardiovascular.

es cafeína

en caffeine

cafetaría s.f. Establecemento onde se serve

café e todo tipo de bebidas, aperitivos e comidas

de elaboración sinxela.

gl cafetería

es cafetería

en café

en cafe

en coffee shop

cafeteira 1 s.f. Recipiente ou aparato empregado

para preparar o café.

es cafetera

en coffee maker

cafeteira 2 s.f. Recipiente cunha asa que se

emprega para servir o café.

es cafetera

en coffee pot

cafeteira de émbolo loc.s.f. Cafeteira na que

se baixa un pistón por unha xerra de vidro

con auga quente para disolver o café e deixar

os pousos no fondo.

es cafetera de émbolo

es cafetera francesa

en French press

cafeteira de expreso loc.s.f. Cafeteira que

utiliza unha bomba de presión para preparar

en pouco tempo o café expreso.

es cafetera expreso

62

es cafetera exprés

en espresso machine

cafeteira de filtro loc.s.f. Cafeteira eléctrica

na que a auga, ao quecer, atravesa o café

moído depositado nun filtro e cae nunha

xerra.

es cafetera de filtro

es cafetera de goteo

en electric drip coffee maker

cafeteira italiana loc.s.f. Cafeteira composta

por un compartimento inferior que contén

a auga, un filtro no que se deposita o café

moído e unha peza superior na que se acumula

o café producido co vapor xerado ao

quentar a auga.

es cafetera italiana

en Italian percolator

cafeteiro, cafeteira 1 adx. Referido a unha

persoa, amante do café.

es cafetero, cafetera

en coffee lover

cafeteiro, cafeteira 2 s. Persoa que se encarga

principalmente do servizo de almorzos

e da preparación do café e té.

es cafetero, cafetera

en coffee waiter, coffee waitress

cafetería s.f. Véxase: cafetaría

cagadeira s.f. Véxase: tripa cagueira

cagadeiro, cagadeira adx. Véxase: cagueiro,

cagueira

cagueira s.f. Véxase: tripa cagueira

cagueiro, cagueira adx. Referido a un embutido,

especialmente chourizo ou salchichón,

elaborado coa porción final do intestino

groso do porco.

gl cagadeiro, cagadeira

es cular

en pig-bung

caguña s.f. Véxase: carabuña

caiena s.f. Condimento preparado a partir do

chile desecado e moído, que se emprega

como condimento e que adoita comercializarse

en po.

gl pementa de Caiena

es cayena

es pimienta de Cayena

en cayenne pepper

caíño s.m. Viño elaborado coa uva caíño tinto.

es caíño

en caíño

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!