28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nota: Número CE: E-420

es sorbitol

en sorbitol

sorbo s.m. Véxase: chopo

sorgo s.m. Gran da planta do mesmo nome

(Sorghum bicolor), de forma arredondada e

cor amarelada ou avermellada, que se emprega

para a obtención de fariña e na elaboración

de bebidas.

es sorgo

en sorghum

soro s.m. Líquido que queda despois de callar

o leite no proceso de elaboración do

queixo.

es suero

en whey

sousón s.m. Uva tinta autóctona de Galicia,

de pequeno tamaño, forma acuminada e pel

fina de cor negra azulada, utilizada especialmente

para a elaboración dos viños das

denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro

e Valdeorras.

es sousón

en sousón

stilton s.m. Queixo de orixe inglesa, elaborado

con leite de vaca, coa codia grosa e dura,

de cor apardazada, e a pasta semidura, de

cor amarelada, xeralmente cuberta con

veas azuladas, de sabor e aroma fortes, que

adoita comercializarse en forma cilíndrica.

Nota: A denominación procede da vila de

Stilton (Reino Unido), onde se elaboraba

orixinariamente.

es stilton

en Stilton

strudel s.m. Doce orixinario de Austria e Alemaña,

elaborado cunha masa de follado reenchida

xeralmente con mazás aromatizadas

con canela e pasas, que se enrola e se

coce no forno.

es strudel

en strudel

subir v.t. Remexer enerxicamente a nata ou as

claras de ovo ata que aumenten de volume

e adquiran unha consistencia firme e esponxosa.

es montar

es levantar

en whip

228

sucedáneo s.m. Substancia similar a outra

polo seu sabor, textura, aparencia e olor e

que pode utilizarse como substituto parcial

ou completo desta.

es sucedáneo

en substitute

sucedáneo de meixón loc.s.m. Produto elaborado

con surimi, ao que se lle dá forma

de meixón.

es gula

es sucedáneo de angula

en surimi elver

suflé s.m. Preparación elaborada con claras de

ovo batidas a punto de neve, mesturadas

con outros ingredientes doces ou salgados

e cociñadas no forno.

es suflé

es soufflé

en soufflé

suprema s.f. Porción, xeralmente do tamaño

dunha ración, que se obtén ao cortar as partes

máis apreciadas dunha ave ou peixe e

quitarlles os ósos, a pel ou as espiñas.

es suprema

en suprême

surimi s.m. Preparado de orixe xaponesa

composto principalmente de carne de peixe

procesada, co que se elaboran distintos

produtos, como os sucedáneos de cangrexo

e de meixón.

es surimi

en surimi

suxi s.m. Preparación culinaria de orixe xaponesa

elaborada a base de arroz e peixe cru

ou verduras, xeralmente envoltos nunha

folla de nori.

es sushi

en sushi

syrah s.m. Uva tinta orixinaria de Francia, de

pequeno tamaño, forma esférica e pel de

grosor medio de cor negra azulada, de cultivo

moi estendido e utilizada especialmente

no val do Ródano.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

viño elaborado con esta uva.

es syrah

en syrah

en shiraz

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!