28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

zada, rustrido e pan relado, que se serve

no cacho.

es changurro

en spider crab served into its shell

chantillí s.m. Crema elaborada con nata batida

a punto de neve, con adición de azucre

ou aromas, moi utilizada en repostaría

e pastelaría.

Nota: A denominación procede da comuna

de Chantilly (Francia), onde se elaboraba

orixinariamente.

es chantillí

en Chantilly cream

chapa s.f. Tapón metálico de forma circular

que pecha as botellas de vidro.

es chapa

en cap

chapata s.f. Peza de pan de orixe italiana, de

forma aplanada e rectangular, coa codia

crocante e o miolo con moitos ollos.

es chapata

en ciabatta

chardonnay s.m. Uva branca orixinaria de

Francia, de pequeno tamaño, forma esférica

e pel fina de cor amarela dourada, de

cultivo moi estendido e utilizada especialmente

para a elaboración de viños escumosos.

Nota: Recibe tamén esta denominación o

viño elaborado con esta uva.

es chardonnay

en chardonnay

charouvía s.f. Raíz da planta do mesmo

nome (Pastinaca sativa), fusiforme, grosa

e carnosa, de cor abrancazada e sabor doce.

es chirivía

es pastinaca

en parsnip

chateaubriand s.m. Filete de vacún de gran

tamaño, cun peso que oscila entre 350 e

600 g, que se obtén da cabeza do solombo

e que adoita prepararse na grella e acompañarse

dunha salsa.

es chateaubriand

en chateaubriand

cheddar s.m. Queixo de orixe inglesa, elaborado

con leite de vaca, coa codia dura e lisa

e a pasta dura e prensada, de textura cerosa,

cor variable entre amarelada e alaranxada e

sabor e aroma fortes cando madura, que

74

adoita comercializarse en forma cilíndrica

ou de prisma.

Nota: A denominación procede da vila de

Cheddar (Reino Unido), onde se elaboraba

orixinariamente.

es cheddar

en Cheddar

cheiro s.m. Véxase: olor

cherna s.f. Peixe branco de corpo robusto e

voluminoso, co dorso de cor agrisada, flancos

e ventre máis claros, opérculo cunha

crista ósea na parte superior, cabeza alongada

e boca ampla, cos beizos grosos e a

mandíbula inferior máis prominente que a

superior.

es cherna

en wreckfish

NC Polyprion americanus

cherna cinsenta loc.s.f. Peixe branco de

corpo alongado e comprimido lateralmente,

co dorso e os flancos de cor acastañada

con manchas amarelas, aleta caudal

arredondada e boca grande, cos labios grosos

e a mandíbula inferior máis prominente

que a superior.

gl cherna de altura

es mero

es mero moreno

en dusky grouper

NC Epinephelus marginatus

cherna de altura loc.s.f. Véxase: cherna cinsenta

chícharo s.m. Semente da planta do mesmo

nome (Pisum sativum), de forma arredondada

e cor verde, que se consome cocida.

gl ervella

es guisante

en pea

chícharo bravo loc.s.m. Véxase: chícharo de

raposo

chícharo de raposo loc.s.m. Semente da

planta do mesmo nome (Lupinus albus), de

forma lenticular e cor amarelada, que se

utiliza unha vez cocida ou torrada como legume,

condimento ou sucedáneo do café.

gl chícharo bravo

es altramuz

es lupino

en lupin [GB]

en lupine [US]

chicharro s.m. Véxase: xurelo

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!