28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

orellón 1 s.m. Véxase: orella de gato

orellón 2 s.m. Anaco de albaricoque desecado.

es orejón

en dried apricot

organoléptico, organoléptica adx. Relativo

ás propiedades ou ás calidades dun alimento

ou bebida, tales como o sabor, o olor

ou o aspecto, que poden ser percibidas

polos órganos dos sentidos.

es organoléptico, organoléptica

en organoleptic

ortiga s.f. Véxase: estruga

ortigón s.m. Véxase: estruga

orxabán s.m. Véxase: verbena

orxo s.m. Gran da planta do mesmo nome

(Hordeum vulgare), de forma ovoide e cor

apardazada, empregado principalmente

para a obtención de fariña e a elaboración

de bebidas alcohólicas.

gl cebada

es cebada

en barley

óso s.m. Cada unha das pezas duras e ríxidas

que forman o esqueleto dos vertebrados,

utilizadas especialmente para a preparación

de fondos, sopas ou guisos.

es hueso

en bone

óso de cana loc.s.m. Peza ósea que forma as

extremidades dos animais de abasto, longa

e furada, que contén abundante miolo e que

se utiliza especialmente para a elaboración

de caldos e sopas.

es hueso de caña

es hueso con tuétano

en marrow bone

óso de santo loc.s.m. Doce de pequeno tamaño

e forma cilíndrica, elaborado con

mazapán e reenchido tradicionalmente de

xema, que se consome no día de Todos os

Santos.

es hueso de santo

en filled marzipan roll

osobuco 1 s.m. Peza de vacún que se obtén da

musculatura que rodea a tibia e o peroné,

cortada transversalmente, coa sección do

óso correspondente.

es osobuco

en hind shank

osobuco 2 s.m. Estufado típico de Italia, elaborado

coa peza de vacún do mesmo nome,

cortada en rodas e cociñada con verduras e

viño branco.

es osobuco

en osso bucco

ostra s.f. Molusco bivalvo da familia dos ostreidos

(especialmente dos xéneros Ostrea

ou Crassostrea), coas cunchas desiguais e

rugosas, de cor xeralmente agrisada, e cuxa

carne adoita consumirse crúa.

es ostra

en oyster

ostra plana loc.s.f. Ostra coas cunchas asimétricas

e rugosas, unha cóncava e outra

plana, de forma arredondada e cor agrisada

ou apardazada, con liñas concéntricas de

estrutura laminar e carne abrancazada.

es ostra plana

es ostra europea

en flat oyster

NC Ostrea edulis

ostra portuguesa loc.s.f. Ostra coas cunchas

asimétricas e irregulares, de cor apardazada,

ás veces con manchas púrpuras, e con

liñas concéntricas moi marcadas.

es ostra de Portugal

en Portuguese oyster

NC Crassostrea angulata

ostra rizada loc.s.f. Ostra de gran tamaño,

coas cunchas alongadas e asimétricas, de

cor gris violácea, con escamas de crecemento

imbricadas e marxes onduladas e

que, a diferenza doutras ostras, adoita consumirse

cociñada.

gl ostra xaponesa

es ostión

es ostra japonesa

en Pacific cupped oyster

NC Crassostrea gigas

ostra xaponesa loc.s.f. Véxase: ostra rizada

ourego s.m. Planta herbácea moi aromática,

de talo erecto e piloso, follas pequenas e

ovadas e flores brancas ou rosadas en espiga,

da que se utilizan principalmente as

follas como condimento.

es orégano

en oregano

NC Origanum vulgare

ourizo s.m. Equinodermo mariño de cuncha

esférica, algo achatada pola zona ventral,

175

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!