28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

emmental s.m. Queixo de orixe suíza, elaborado

con leite de vaca, coa codia dura, de

aspecto seco e cor variable entre amarelada

e apardazada e a pasta semidura e cocida,

de cor clara e con grandes ollos, de sabor e

aroma suaves, que adoita comercializarse

en forma cilíndrica ou de prisma.

Nota: A denominación procede da rexión

de Emmental (Suíza), onde se elaboraba

orixinariamente.

es emmental

en Emmental

en Emmentaler

empanada s.f. Preparación elaborada cunha

zaragallada, xeralmente de carne ou peixe,

disposta entre dúas capas de masa de pan

ou follado unidas e cociñada no forno.

es empanada

en empanada

empanadeira s.f. Recipiente metálico empregado

para facer empanadas.

es empanadera

en mould for empanada [GB]

en mold for empanada [US]

empanadilla s.f. Empanada de pequeno tamaño

e xeralmente con forma semicircular,

que se prepara frixida ou cocida no

forno.

es empanadilla

en small empanada

empanar v.t. Cubrir un alimento con pan relado.

gl rebozar

es empanar

en bread

en crumb

empapar v.t. Mollar un alimento ou preparación

nun líquido ata que se impregne completamente

del.

gl embeber

gl enchoupar

es empapar

es embeber

en soak

emparedado s.m. Véxase: sándwich

empoador s.m. Recipiente de pequenas dimensións

que presenta orificios na súa

parte superior para repartir de forma homoxénea

calquera substancia en po.

es espolvoreador

en dredger

102

empoar v.t. Botar por riba dun alimento ou

preparación unha substancia en po, de

forma que os cubra lixeiramente.

es espolvorear

en dredge

en dust

empratar v.t. Dispoñer unha preparación no

prato, bandexa ou fonte nos que se vai servir

na mesa, prestando especial atención á

súa presentación.

es emplatar

es montar

en plate

emulsión s.f. Preparación obtida a partir da

combinación dun líquido e unha substancia

graxa ou oleaxinosa inmiscible con el,

de forma que quede o máis homoxénea posible.

es emulsión

en emulsion

emulsionar v.t. Combinar un líquido e unha

substancia graxa ou oleaxinosa non miscible

con el co fin de obter unha preparación

o máis homoxénea posible.

es emulsionar

en emulsify

emulxente s.m. Aditivo que se lles engade a

certos alimentos para permitir a formación

ou o mantemento dunha mestura homoxénea

de dúas ou máis substancias non miscibles

entre si.

es emulgente

es emulsionante

en emulsifier

en branco loc.adx. Referido a un alimento,

cocido en auga, sen engadirlle condimentos

que alteren o seu sabor.

Nota: Úsase tamén como locución adverbial.

es en blanco

es blanco

en boiled

en papillota loc.adx. Referido a un alimento,

cociñado no forno envolto en papel de aluminio

ou outro papel untado en graxa para

que se coza co vapor que desprende.

Nota: Úsase tamén como locución adverbial.

es en papillote

es a la papillote

en en papillote

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!