28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

longaínza s.f. Chourizo embuchado nunha

tripa natural ou artificial de diámetro inferior

a 22 mm.

Nota: Cando o calibre da tripa se atopa

comprendido entre 22 e 40 mm denomínase

indistintamente “chourizo” ou “longaínza”.

es longaniza

en thin chorizo

longueirón s.m. Molusco bivalvo similar á

navalla, pero de maior tamaño, coas cunchas

coa marxe dorsal recta e a ventral lixeiramente

curvada, dous dentes na valva

esquerda e un na dereita e liñas de crecemento

claras.

es muergo

en pod razor shell

NC Ensis siliqua

longueirón vello loc.s.m. Molusco bivalvo

similar ao longueirón, pero de menor tamaño,

coas cunchas máis brillantes, co

bordo anterior oblicuo e un dente en cada

valva, liñas de crecemento rectangulares e

carne máis dura.

es longueirón

en grooved razor shell

NC Solen marginatus

lorcho transparente loc.s.m. Peixe branco

de pequeno tamaño, que pode acadar 6 cm,

co corpo alongado e comprimido lateralmente,

sen escamas, de cor translúcida, con

dúas aletas dorsais separadas e cabeza e

ollos grandes.

es chanquete

en goby

en transparent goby

NC Aphia minuta

loureira branca loc.s.f. Uva branca autóctona

de Galicia, de pequeno tamaño, forma

esférica e pel grosa de cor verde amarelada,

utilizada especialmente para a elaboración

dos viños das denominacións de

orixe Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro.

gl marqués

es loureira blanca

es marqués

en loureira branca

loureira tinta loc.s.f. Uva tinta autóctona de

Galicia, de pequeno tamaño, forma esférica

e pel grosa de cor negra azulada, de

cultivo pouco estendido e utilizada espe-

cialmente na elaboración dos viños da denominación

de orixe Rías Baixas.

es loureira tinta

en loureira tinta

loureiro s.m. Planta arbórea de follas oblongas

e coriáceas, de cor verde escura e moi

aromáticas, flores pequenas e amareladas

en umbelas e froito ovoide de cor negra, da

que se utilizan as follas frescas ou desecadas

como condimento.

es laurel

en bay

en sweet bay

en laurel

NC Laurus nobilis

louza s.f. Conxunto de utensilios que se empregan

na cociña e na mesa.

es loza

en crockery

lucio s.m. Peixe de auga doce, que pode acadar

máis de 1 m de lonxitude, de corpo

alongado e cilíndrico, co dorso de cor

parda verdosa, ventre abrancazado e boca

en forma de peteiro aplanado, con dentes

aguzados.

es lucio

en pike

en northern pike

NC Esox lucius

lumbrigante s.m. Crustáceo decápodo similar

á lagosta, pero de corpo subcilíndrico,

co cacho liso, de cor negra azulada con numerosas

manchas amareladas, e dúas pinzas

de gran tamaño e desiguais no primeiro

par de patas.

gl cereixo

es bogavante

en lobster

NC Homarus gammarus

lura s.f. Molusco cefalópodo co corpo alongado,

de cor rosada con manchas violáceas

e rematado en punta, con dúas aletas triangulares

nos laterais, oito brazos desiguais

con dúas filas de ventosas e dous tentáculos

máis longos, provisto dunha cuncha interna,

longa e estreita, e unha bolsa de tinta.

Nota: En inglés, a forma “calamari” designa

o animal preparado para o seu consumo.

es calamar

en squid

NC Loligo vulgaris

147

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!