28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en flavoured tea [GB]

en flavored tea [US]

té branco loc.s.m. Té de cor clara, que se prepara

cos abrochos novos da planta, unha

vez secos, sen sometelos a fermentación.

es té blanco

en white tea

té descafeinado loc.s.m. Té desprovisto da

maior parte da súa cafeína, cun contido

máximo do 0,12%.

es té descafeinado

en decaffeinated tea

té instantáneo loc.s.m. Véxase: té soluble

té negro loc.s.m. Té de cor escura, entre

ámbar e apardazada, que se prepara coas

follas da planta, unha vez secas e sometidas

a fermentación.

es té negro

en black tea

té oolong loc.s.m. Té de cor variable entre o

dourado e o avermellado, que se prepara

coas follas da planta, unha vez secas e sometidas

a fermentación parcial.

gl té semifermentado

es té oolong

es té semifermentado

en oolong

té Pu-erh loc.s.m. Véxase: té vermello

té semifermentado loc.s.m. Véxase: té oolong

té solúbel loc.s.m. Véxase: té soluble

té soluble loc.s.m. Produto concentrado que

se obtén pola evaporación parcial ou total

da infusión do té, que se pode disolver en

auga ou leite.

gl té solúbel

gl té instantáneo

es té soluble

es té instantáneo

en instant tea

en soluble tea

té verde loc.s.m. Té de cor variable entre o

amarelo e o dourado, que se prepara coas

follas da planta, unha vez enroladas, sometidas

a un tratamento térmico e secas,

sen que alcancen a fermentación.

es té verde

en green tea

té vermello loc.s.m. Té de cor avermellada,

que se prepara coas follas da planta, unha

vez secas e sometidas a unha longa fermentación

en barricas de carballo.

gl té Pu-erh

es té rojo

en Pu-Erh tea

teína s.f. Cafeína presente no té.

es teína

en tea caffeine

tella s.f. Galleta elaborada cunha masa de fariña,

claras de ovo, manteiga, azucre e outros

ingredientes, que se coce no forno e á

que se lle dá forma curva nun cilindro.

es teja

en tile-shaped biscuit [GB]

en tile-shaped cookie [US]

tello s.m. Cuberta de calquera recipiente da

batería de cociña.

gl testo

es tapa

es tapadera

en lid

temaki s.m. Suxi elaborado cunha folla de

nori enroscada en forma de cono e reenchida

de arroz e outros ingredientes, como

peixe ou verduras.

es temaki

en temaki

en temaki zushi

tempeh s.m. Produto orixinario de Indonesia,

de sabor forte, que se obtén da fermentación

das sementes da soia co fungo Rhizopus

oligosporus.

es tempeh

en tempeh

temperado, temperada adx. Véxase:

morno, morna

temperar 1 v.t. Moderar a temperatura dun alimento,

líquido ou preparación, para que

non estea nin moi frío nin moi quente.

gl mornear

gl amornar

es templar

es entibiar

es temperar

es atemperar

en cool down

en warm up

temperar 2 v.i. Moderarse a temperatura dun

alimento, líquido ou preparación, de forma

que non estea nin moi frío nin moi quente.

gl mornear

231

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!