28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ula inferior máis prominente que a superior

e dentes aguzados.

gl pixota

es merluza

en hake

NC Merluccius merluccius

pescado 1 s.m. Véxase: peixe 1

pescado 2 s.m. Véxase: peixe 2

pescozo s.m. Peza de certos animais de

abasto, especialmente de vacún e ovino,

que se obtén da rexión que une a cabeza co

tronco, lixeiramente graxa e con abundante

tecido conxuntivo, considerada de terceira

categoría.

es pescuezo

es cuello

en neck

pestiño s.m. Doce elaborado cunha masa de

fariña e ovos que se frixe en aceite e se

baña en mel.

es pestiño

en honey-coated fried dough

pesto s.m. Salsa de orixe italiana, elaborada

con alfábega, allo, aceite, queixo e algún

froito seco, xeralmente piñóns, que adoita

utilizarse para acompañar pastas.

es pesto

en pesto

petiscar v.t. Tomar un ou varios alimentos en

pequenas cantidades ou cada pouco tempo.

gl peniscar

gl picar

gl debicar

es picar

es picotear

en nibble

en snack on

petisco s.m. Aperitivo elaborado con ingredientes

diversos, que adoita presentarse espetado

nun escarvadentes.

es pincho

en tapa

petisú s.m. Doce similar ao profiterol, pero de

forma alongada, reenchido de crema e cuberto

de chocolate ou glasa de azucre.

es petisú

en éclair

petit-four s.m. Preparación de pastelaría, de

pequeno tamaño e formas diversas, que admite

ingredientes doces ou salgados e se

come dun bocado.

192

es petit-four

en petit four

petit-suisse s.m. Queixo fresco de orixe francesa,

elaborado con leite de vaca enriquecido

con nata, de pasta branda, cor branca,

textura cremosa e sabor suave, que adoita

comercializarse en forma de pequeno cilindro

e consumirse con azucre.

es petit suisse

en Petit Suisse

pexego s.m. Véxase: melocotón

peza s.f. Cada unha das partes en que se divide

a canal dun animal de abasto para a

súa comercialización e consumo.

es corte

en cut

pezuño s.m. Peza xelatinosa que se obtén da

parte final das extremidades de certos animais

de abasto, especialmente do porco, e

que adoita utilizarse na preparación dos callos.

Nota: Úsase máis en plural. En inglés desígnase

“trotter” o pezuño do porco, mentres

que “foot” é o de calquera animal.

gl uña

gl unlla

es mano

es manita

en trotter

en foot

piarda s.f. Peixe azul de pequeno tamaño, que

pode acadar 20 cm, co corpo alongado,

dorso de cor verdosa con pintas negras,

flancos cunha banda lonxitudinal prateada

e ventre máis claro, dúas aletas dorsais, a

segunda máis alta que a primeira, fociño

curto, boca ampla e ollos grandes.

gl pión

gl bogón

es abichón

en sand smelt

NC Atherina presbyter

picado 1 s.m. Conxunto de ingredientes finamente

cortados que se lle engaden a unha

preparación.

es picadillo

en mince

picado 2 s.m. Xeo triturado ao que se lle engade

zume ou xarope.

es granizado

en snow cone

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!