28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

nariamente, aínda que con alteracións na

súa grafía.

es sbrinz

en Sbrinz

sebo s.m. Produto obtido por fusión das graxas

de depósitos adiposos do gando vacún

ou ovino.

es sebo

en tallow

secado s.m. Proceso que consiste en eliminar

a auga que contén un alimento utilizando

as condicións ambientais naturais, co fin de

inhibir a actividade microbiana e prolongar

a súa conservación.

gl desecamento

es secado

es desecación

en drying

secar v.t. Eliminar a auga que contén un alimento

utilizando as condicións ambientais

naturais, co fin de inhibir a actividade microbiana

e prolongar a súa conservación.

gl desecar

es secar

es desecar

en dry

secuestrante s.m. Aditivo que se lles engade

a certos alimentos para formar compostos

químicos con ións metálicos.

es secuestrante

en sequestering agent

en sequestrant

segorella s.f. Planta herbácea moi aromática,

de talo erecto e ramificado, follas lanceoladas

e pilosas de cor verde escuro e flores

rosadas, da que se utilizan principalmente

as follas frescas ou desecadas como condimento.

es ajedrea

en savory

en summer savory

NC Satureja hortensis

segredo s.m. Peza de porco, xeralmente de raza

ibérica, que se obtén da parte posterior da

pa, entre o costelar e o entreteto, carnosa e

con graxa entrefebrada, que adoita comercializarse

en filetes con forma de abano.

es secreto

es cruceta

en fine pork fillet

224

segundo prato loc.s.m. Prato quente que se

ofrece no menú para tomar en segundo

lugar, despois doutra preparación.

es segundo plato

en main course

en entrée [US]

seitán s.m. Produto orixinario de Asia oriental,

elaborado a partir do glute de trigo, que

presenta un alto contido proteico.

es seitán

en seitan

sela s.f. Peza de certos animais de abasto, especialmente

de ovino, que se obtén da rexión

dorsal, desde o rabo ata a última costela,

considerada de primeira categoría.

Nota: Esta peza adoita comercializarse sen

separarse da perna.

es silla

en saddle

selar v.t. Dourar unha carne ou peixe a lume

forte para evitar que perda o seu zume durante

o seu tratamento posterior.

es sellar

en sear

seltz s.m. Véxase: auga carbónica

selva negra loc.s.f. Doce de forma redonda,

orixinario de Alemaña, composto por tres

capas de biscoito de chocolate, emborrachadas

con kirsch e reenchidas de nata e

cereixas, que se decora con nata, cereixas e

labras de chocolate.

es selva negra

en Black Forest gateau [GB]

en Black Forest cake [US]

semente de papoula loc.s.f. Semente desecada

de diversas especies do xénero Papaver

(especialmente Papaver rhoeas e Papaver

somniferum), que adoita utilizarse

para decorar ou aromatizar preparacións de

panadaría e repostaría.

es semilla de amapola

en poppyseed

en poppy seed

semiconserva s.f. Produto alimenticio envasado

en recipientes herméticos sen estar sometido

a un proceso de esterilización completo,

co fin de prolongar a súa conservación

e preservar as súas propiedades durante un

tempo limitado e en condicións de refrixeración.

es semiconserva

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!