28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

abiza s.f. Véxase: nabiza

rabo s.m. Peza muscular e xelatinosa que

constitúe a prolongación da columna vertebral

de certos animais de abasto, especialmente

de vacún e ovino, situada na

parte posterior do seu corpo e considerada

de terceira categoría.

es rabo

en tail

racha s.f. Porción delgada que se obtén ao

cortar transversal ou lonxitudinalmente un

alimento, principalmente unha froita.

es raja

en slice

ración s.f. Porción dun alimento ou preparación

que se serve nun establecemento hostaleiro.

es ración

en portion

en serving

racionar v.t. Dividir un alimento en porcións

para a súa repartición.

es racionar

en portion out

raclette 1 s.f. Prato típico suízo, que se elabora

expoñendo unha peza de queixo a unha

fonte de calor para derretela, e que adoita

acompañarse de patacas ou embutidos.

Nota: Adoita recibir tamén esta denominación

o aparato no que se prepara.

es raclette

en raclette

raclette 2 s.f. Queixo de orixe suíza, elaborado

con leite de vaca, coa codia fina e lisa, de

cor alaranxada, e a pasta semidura e prensada,

clara e de textura cremosa, que adoita

comercializarse en forma cilíndrica e co

que se prepara o prato do mesmo nome.

es raclette

en raclette

r

rafa s.f. Véxase: miolo

ragú s.m. Guiso orixinario de Francia, elaborado

con anacos de carne e hortalizas cociñados

nunha salsa.

es ragú

en ragout

raia s.f. Peixe cartilaxinoso da familia dos raíidos

(especialmente do xénero Raja), de

corpo romboidal, cola longa e delgada e

grandes aletas pectorais.

es raya

en skate

raíña s.f. Véxase: amanita dos césares

ramallo de mar loc.s.m. Véxase: carrasca

brava

rambután s.m. Froito en drupa da planta

Nephelium lappaceum, de forma ovalada,

coa pel de cor vermella, cuberta de espiñas

brandas e longas, e a polpa branca, cunha

pebida dura no seu interior, e de sabor agridoce.

es rambután

en rambutan

rango s.m. Conxunto de mesas asignadas a un

camareiro.

es rango

en station

rapante s.m. Peixe branco de corpo plano e

contorno ovalado, co dorso de cor castaña

clara ou apardazada, ventre abrancazado,

liña lateral curvada sobre a aleta pectoral,

boca grande e oblicua e ollos pequenos no

lado esquerdo, co inferior máis adiantado.

gl meiga

es gallo del Norte

en megrim

NC Lepidorhombus whiffiagonis

raposo de mar loc.s.m. Peixe cartilaxinoso

de gran tamaño, que pode acadar 5 m de

lonxitude, co corpo cilíndrico, dorso de cor

207

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!