28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

maridaxe s.f. Combinación harmónica dun

viño co prato ao que acompaña.

es maridaje

en pairing

mariñada s.f. Líquido composto principalmente

de viño, vinagre e especias, no que

se pon a remollo un alimento, polo xeral un

peixe, para aromatizalo, abrandalo ou conservalo

antes de cociñalo.

es marinada

en marinade

mariñar v.t. Poñer a remollo un alimento,

polo xeral un peixe, nunha mariñada, co fin

de prolongar a súa conservación e darlle

sabor.

es marinar

en marinate

mariscaría s.f. Establecemento especializado

na preparación de marisco.

gl marisquería

es marisquería

en seafood restaurant

marisco s.m. Conxunto de animais mariños

invertebrados, especialmente os moluscos

e crustáceos comestibles.

es marisco

en shellfish

marisquería s.f. Véxase: mariscaría

marmelada s.f. Produto de consistencia semilíquida

ou espesa, que se obtén da cocción

de froitas enteiras, cortadas en anacos

ou trituradas, nunha proporción superior ao

30%, con adición de azucres.

Nota: Cando este produto se elabora cunha

proporción de froitas superior ao 50% recibe

a denominación “marmelada extra”.

es mermelada

en marmalade

marmelo 1 s.m. Froito en pomo do marmeleiro

(Cydonia oblonga), piriforme, coa pel áspera

de cor amarela, polpa abrancazada,

moi dura e aromática, que se utiliza principalmente

para a elaboración do doce do

mesmo nome.

es membrillo

en quince

marmelo 2 s.m. Doce elaborado con marmelos

cocidos en auga con azucre e posteriormente

enmoldado.

es membrillo

154

es dulce de membrillo

es carne de membrillo

es codoñate

en quince preserve

marmita s.f. Recipiente metálico con tapadeira,

máis alto que ancho e provisto de

asas, que se utiliza para cociñar.

es marmita

en pot

marmitako s.m. Guiso típico do País Vasco,

elaborado xeralmente con bonito ou atún e

patacas cociñados nunha marmita.

es marmitako

en Basque tuna and potato stew

marmitón, marmitoa s. Persoa que, nunha

cociña, se encarga da conservación, ordenación

e limpeza da batería e, cando é necesario,

do local.

es marmitón

en pot and pan washer

en marmiton

marolo s.m. Molusco bivalvo similar ao berberecho,

pero de maior tamaño, coas cunchas

sólidas e grosas, de cor castaña ou

arrubiada, con faixas concéntricas de diferentes

tonalidades e preto de 20 costelas saíntes

provistas de varias ringleiras de rugosidades.

gl berberecho marolo

es corruco

en tuberculate cockle

en rough cockle

NC Acanthocardia tuberculata

marqués s.m. Véxase: loureira branca

marraxo s.m. Peixe cartilaxinoso de gran tamaño,

que pode acadar 3 m de lonxitude,

co corpo robusto e fusiforme, dorso de cor

gris azulada ou negra, ventre abrancazado,

primeira aleta dorsal co bordo arredondado

e un apuntamento branco, aleta caudal en

forma de media lúa, cabeza pequena, cos

ollos grandes e redondos, fociño cónico e

boca ampla.

gl marraxo sardiñeiro

es marrajo sardinero

en porbeagle

en mackerel shark

NC Lamna nasus

marraxo azul loc.s.m. Peixe cartilaxinoso de

corpo robusto e fusiforme, similar ao marraxo

común, pero co dorso de cor azulada,

primeira aleta dorsal sen o apuntamento

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!