28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

es rosco de vino

en Spanish ring-shaped wine soft shortbread

roscón s.m. Véxase: pan de ovo

roscón de Reis loc.s.m. Pan de ovo que agocha

unha sorpresa no seu interior e se consome

o día de Reis.

es roscón de Reyes

en king cake

rosquilla s.f. Doce de pequeno tamaño e con

forma de anel, elaborado principalmente

cunha masa de fariña, ovos e azucre, que

se frixe en aceite.

es rosquilla

en doughnut

en donut [US]

roux s.m. Preparación que se obtén ao mesturar

fariña en manteiga derretida, que adquire

diferentes tonalidades segundo o

tempo de cocción e que se utiliza para ligar

salsas ou fondos.

es roux

en roux

roxa s.f. Peixe cartilaxinoso de corpo alongado,

similar ao melgacho, pero de maior

tamaño, con pintas máis grandes e pregaduras

nasais que non chegan á boca.

es alitán

en nursehound

NC Scyliorhinus stellaris

roxóns s.m.pl. Produto cárnico elaborado

coas febras das carnes graxas do porco que

quedan despois de derreter o pingo, sazonadas

con sal e outros condimentos e aditivos

e prensadas nun molde.

es chicharrones

es chicharros

en pressed pork scraps

rubio riscado loc.s.m. Peixe semigraxo de

corpo alongado, co dorso de cor vermella

con manchas negras e ventre abrancazado,

dúas aletas dorsais con raios espiñentos,

aletas pectorais longas e violáceas, cos tres

primeiros raios libres, liña lateral moi marcada

e cabeza voluminosa, cuberta de espiñas

e placas óseas.

gl berete riscado

es rubio

en streaked gurnard

NC Trigloporus lastoviza

ruda s.f. Planta arbustiva de talo erecto e ramificado,

follas alternas e flores amarelas

en corimbos, da que se utilizan as follas e

abrochos como condimento ou en infusión.

es ruda

en rue

NC Ruta graveolens

rueda s.m. Viño branco, tinto ou rosado elaborado

principalmente nas provincias de

Valladolid, Ávila e Segovia, pertencente á

denominación de orixe homónima.

es rueda

en Rueda

ruibarbo s.m. Planta do xénero Rheum (especialmente

Rheum rhabarbarum), de follas

grandes e dentadas, flores amarelas ou

verdes agrupadas en acios e rizoma groso,

da que se utilizan principalmente os pecíolos,

de cor verde e encarnada e sabor

amargo, como condimento.

es ruibarbo

en rhubarb

rustrido s.m. Preparado feito principalmente

con cebola, allo e pemento, frixidos en

aceite ou manteiga, que se utiliza como

condimento.

gl refrito

es sofrito

es refrito

en fried chopped onion, garlic and pepper

rustrir v.t. Frixir lixeiramente e a lume baixo

os ingredientes do rustrido, como a cebola,

o allo ou o pemento.

es sofreír

es pochar

en lightly fry chopped onion, garlic and

pepper

215

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!