28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

gl froitería

es frutería

en greengrocer’s

en greengrocer’s shop

froiteiro s.m. Recipiente, xeralmente en

forma de prato ou fonte, que se emprega

para gardar ou servir a froita.

es frutero

en fruit bowl

froiteiro, froiteira s. Persoa que vende froita

e verdura.

es frutero, frutera

en greengrocer

froitería s.f. Véxase: froitaría

froito s.m. Órgano vexetal, orixinado tras o

desenvolvemento do ovario dunha flor, que

xeralmente contén as sementes e pode ser

comestible.

es fruto

en fruit

froito seco loc.s.m. Froito que presenta un pericarpo

de consistencia membranosa, coriácea

ou leñosa, como a castaña, a noz ou

a améndoa.

Nota: Recibe tamén esta denominación a

semente comestible deste froito.

es fruto seco

es fruta seca

en nut

frutosa s.f. Monosacárido (C 6H 12O 6) presente

na froita e no mel, que participa na composición

da sacarosa.

es fructosa

en levulose

fruxivorismo s.m. Sistema de alimentación

baseado exclusivamente no consumo de

froitos.

es frugivorismo

es frutarianismo

en fruitarianism

fruxívoro, fruxívora s. Persoa que se alimenta

exclusivamente de froitos.

es frugívoro, frugívora

es frutarianista

en frugivore

fuet s.m. Embutido cru, orixinario de Cataluña,

elaborado cunha mestura de carne de

porco, de vacún ou de porco e vacún e touciño,

sazonada con sal, pementa e outros

condimentos e aditivos, embuchada nunha

tripa natural ou artificial cun diámetro

comprendido entre 20 e 40 mm e sometida

a un proceso de curación.

es fuet

es longaniza imperial

en Catalan thin saucisson

fumet s.m. Caldo concentrado que resulta da

redución dun líquido aromatizado no que

o ingrediente principal adoita ser o peixe.

es fumet

en fumet

fundir 1 v.t. Véxase: derreter 1

fundir 2 v.p. Véxase: derreter 2

fungo s.m. Organismo que se reproduce por

esporas, non ten clorofila e vive parasitando

outros seres vivos ou sobre materia

orgánica en descomposición.

es hongo

en fungus

fungo da muña loc.s.m. Véxase: níscaro

fungo das febras loc.s.m. Cogomelo co

sombreiro convexo cando é novo e aplanado

na madurez, cuberto de escamas concéntricas

apardazadas, pé moi longo,

branco e cun anel estriado, e carne de sabor

doce que se tingue de vermello en contacto

co aire ou ao tocala.

es champiñón de los bosques

en wood mushroom

NC Agaricus sylvaticus

fungo dos cregos loc.s.m. Véxase: netorra

verde

fungo dos piñeiros loc.s.m. Véxase: níscaro

fungo funil loc.s.m. Cogomelo co sombreiro

convexo cando é novo e aplanado e en

forma de funil na madurez, de cor ocre

amarelada, pé robusto e fibroso, da mesma

cor que o sombreiro, e sabor doce.

es platera

es cabeza de fraile

en trumpet agaric

NC Clitocybe geotropa

funil s.m. Utensilio de boca ancha, en forma

de cono invertido, empregado para pasar

líquidos dun recipiente a outro.

gl embude

es embudo

en funnel

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!