28.02.2013 Views

WtCd7B

WtCd7B

WtCd7B

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

en loaf of bread

barra 3 s.f. Alimento sólido en forma de

prisma rectangular, como o turrón ou o

chocolate.

es tableta

en bar

barra de chocolate loc.s.f. Véxase: libra de

chocolate

barra de pan loc.s.f. Véxase: barra 2

barra libre loc.s.f. Servizo complementario

dun acto social, ofrecido polo establece -

mento hostaleiro, que consiste en permitir

o consumo ilimitado de bebidas durante un

tempo pactado e a un prezo xa concertado

de antemán.

es barra libre

en open bar

barrica s.f. Barril de tamaño mediano.

es barrica

en barrique

barril s.m. Recipiente, polo xeral feito de táboas

curvadas unidas por aros, que se emprega

para conter líquidos.

es barril

en barrel

barriña de chocolate loc.s.f. Libra de chocolate

pequena e delgada, que se comercializa

con diferentes formas.

es chocolatina

es chocolatín

en chocolate bar

barutar v.t. Véxase: peneirar

baruto s.m. Véxase: peneira 1

báscula s.f. Aparato cunha plataforma ou

prato que serve para determinar o peso de

diferentes produtos.

es báscula

en scale

batata s.f. Tubérculo da planta do mesmo

nome (Ipomoea batatas), semellante á pataca,

de forma oblonga, coa pel de cor

parda e a carne amarelada, de sabor doce,

que adoita consumirse cociñado.

gl pataca doce

es batata

es boniato

es patata dulce

es moniato

en sweet potato

48

batedor 1 s.m. Utensilio empregado para bater

ou mesturar determinados alimentos ou preparacións,

especialmente cremas ou salsas.

es batidor

en whisk

batedor 2 s.m. Aparato eléctrico que se emprega

para bater, mesturar ou triturar determinados

alimentos.

es batidora

en hand blender

en stick blender

en immersion blender

batedor de globo loc.s.m. Batedor composto

por varios arames dobrados e entrelazados

en forma de globo, que permite incorporar

gran cantidade de aire ao bater claras de

ovo, nata ou unha masa ou crema.

es batidor de globo

en balloon whisk

batedor plano loc.s.m. Batedor composto

por varios arames dobrados, de forma

plana, que se utiliza principalmente para

ligar salsas.

es batidor plano

en flat whisk

bater v.t. Remexer enerxicamente unha preparación

líquida ou semilíquida ata que adquire

unha determinada consistencia.

es batir

en beat

en whisk

batería s.f. Véxase: batería de cociña

batería de cociña loc.s.f. Conxunto de

cazos, cazarolas e tixolas empregados para

cociñar.

gl batería

es batería de cocina

en cookware

batido s.m. Bebida que se obtén ao bater leite

mesturado con outros ingredientes.

es batido

en milkshake

en milk shake

beber v.t. Inxerir un líquido.

Nota: Úsase tamén como absoluto.

es beber

en drink

bebida s.f. Líquido que se pode beber.

es bebida

en drink

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!